Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Implicadas no Desenvolvemento, premio Eu Tamén Navegar

A organización fundada por María Reimóndez destinará os cinco mil euros do galardón a previr o infanticidio feminino na India.

Redacción - 13:30 22/11/2008
Anxo Quintana entregoulle o premio a María Reimóndez

Anxo Quintana entregoulle o premio a María Reimóndez

Implicadas/os no desenvolvemento recibiu este sábado a terceira edición do premio Eu Tamén Navegar: Para unha Galiza sen violencia de xénero, que entrega Vicepresidencia. A responsábel da ONG, María Reimóndez, recolleu o galardón, dotado con cinco mil euros e unha figura deseñada por Ana Pillado.

Reimóndez falou na necesidade de loitar contra a desigualdade dende Galiza no mundo, e lembrou que o 50% da humanidade, as mulleres, viven en estado de excepción. Tamén anunciou que a dotación económica do premio se destinará a erradicar o infanticidio de nenas no sur da India, na área de Salem. Alí, as nenas están consideradas negativamente pola sociedade. Implicadas demanda voluntarias que convenzan as nais indias.

A fundadora de Implicadas tamén dixo que era a primeira vez que a asociación recibía un premio en Galiza, despois de 10 anos de traballo. Nun acto que contou tamén coa actuación de Nova Galega de Danza, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, lembrou que na edición de 2007 resultara premiada a Marcha Mundial das Mulleres, e dixo que o premio é mostra do compromiso do Goberno para rematar coa sociedade patriarcal na que vivimos.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, agradeceu a Implicadas por solucionar o problema do machismo aquí e nos países en desenvolvemento e asegurou que os problemas que non se ven non se poden solucionar. Anunciou que na súa campaña fará un esforzo para loitar contra a violencia machista. "Sodes un regalo para Galiza, pero un orgullo para a humanidade", concluíu.

Crónicas desde a India e desde Etiopía
Como colaboradora de Vieiros, María Reimóndez escribiu crónicas desde os lugares do mundo aos que se desprazou por mor do seu labor en de Implicadas.


3.82/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: