Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'MONDO E OUTRAS HISTORIAS'

Xerais reedita o único libro de Le Clézio en galego, no día da entrega no Nóbel

O autor francés recollerá o premio esta tarde en Estocolmo, a partir das catro e media.

Redacción - 13:35 10/12/2008

Xerais publicou en 1987 Mondo e outras historias, unha tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva, que obtivo en 1989 o Premio Ramón Cabanillas e mais o premio estatal á mellor tradución. A edición estaba esgotada dende o ano 2000 e o mesmo día no que se anunciou a concesión do Nóbel a Le Clézio, Manuel Bragado, director de Xerais, anunciou que a editorial comezara os trámites necesarios para reeditala. En Cataluña, pola súa banda, Edicions 62 vén de publicar L'africà, o primeiro título do autor que aparece en catalán. Unha boa mostra da escasa difusión da obra de Le Clézio fóra da francofonía, onde si é un autor de referencia dende os tempos do noveau roman.

En Mondo e outras historias, os seus protagonistas son rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, e que descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Segundo os seus tradutores galegos, Raquel Villanueva e Valentín Arias, os textos de Le Clézio posúen un "raro poder", o don poético de abolir as fronteiras, todas as fronteiras, as que separan ao home das cousas, as que separan as cousas entre si, e tamén as fronteiras do home dividido, separado en compartimentos estancos no seu propio existir. "Este escritor, tan nostálxico ás veces, representa a vida de hoxe, lamenta a destrución da natureza, a proliferación das cidades de cemento e a tiranía da civilización mecánica na que todos estamos inmersos", din.

Le aquí a conferencia que Le Clézio ofreceu en Estocolmo esta semana: No bosque dos paradoxos (en inglés, francés, alemán e sueco)
Mira e escoita neste vídeo a conferencia (en francés)
A reacción da cultura galega á concesión do Nóbel ao autor francés




4.63/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: