ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
LOGO DO BAILE DE NOMES

Irán e Baleares serán as rivais das seleccións irmandiñas

Deporte e a Federación Galega lograron este acordo de última hora logo de que Angola caese por falta de tempo para obter visados para os xogadores.

Redacción - 13:00 20/12/2008

Logo de tres días de negociacións frenéticas e de cambios, xa hai rivais firmes, e esta vez definitivos, para os combinados nacionais galegos de fútbol. A selección masculina enfrontarase a Irán e a feminina a un combinado balear.

Fontes consultadas por Vieiros recoñecen que había que pechar un acordo de xeito urxente por cuestións de calendario. Aínda que, como tiña asegurado o venres este xornal, había un acordo verbal pechado con Angola para substituír a Chile, finalmente a falta de tempo para conseguir os visados dos xogadores tumbaron a opción africana.

A pesar de toda a incertidume das últimas horas, os dous partidos quedan garantidos nos mesmos escenarios e nas mesmas horas e datas que estaban previstos. Os irmandiños pelexarán pola vitoria o sábado 27 en Riazor (20.45 horas) e as irmandiñas ao día seguinte en Pasarón (17 horas).

Irán, un dos mellores combinados asiáticos

A selección iraní era o rival co que tiña que enfrontarse o vindeiro martes Euskadi en San Mamés. Porén, o encontro tivo que suspenderse debido a que os xogadores vascos exixían que a selección se denominase Euskal Herria. O desencontro acabou afectándolle tamén ao encontro feminino Galiza-Euskadi.

Irán é unha das mellores seleccións do continente asiático. En 2005, a FIFA cualificouna como o 15º mellor combinado do mundo. A súa etapa dourada coincide coa década dos sesenta e setenta, cando logrou tres copas de Asia (1968, 1972 e 1976). Ademais participou en tres mundiais (1978, 1998 e 2006).

Os seus catro xogadores máis destacados xogan en ligas europeas: Nekounam e Shojaei (Osasuna); Mehdi Mahdavikia (no Eintracht de Frankfurt) e Andranik Teymourian (na liga inglesa co Fulham). Pero se hai un xogador que xa é un mito en Irán é Ali Karimi, actualmente no Perspolis de Teherán, xogou co Bayern de Munich en en 2004 conseguiu o título de mellor xogador Asia. De aí que sexa coñecido como "o Maradona iraní".

As entradas

Dende a Dirección Xeral de Deporte fan público un comunicado polo medio do cal sinalan que as entradas despachadas até o de agora son válidas. Porén, sinalan que se habilitará un sistema de devolución de pases na páxina ofutbolgalegoune. Por outra banda, lembran que a venda de entradas continúa até o luns na páxina de Caixanova. A partir deste sábado xa se poden mercar tamén directamente en Riazor e nas oficinas do Pontevedra (R/ Benito Corbal, 16 – 1º).


5/5 (15 votos)


Comentarios (31)

Vakaloura #1 20/Decembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A Federación Galega máis ben semella que está a organizar un partido de solteiros contra casados. Poida que non sexa aínda ista a derradeira entrega. Pero o Sr. Meana non tiña xa que estar fora? Sres. de Cultura e Deporte; será moito pedir un chisquiño de seriedade coa nosa Irmandiña?

Benchosei #2 20/Decembro/2008 Benchosei
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Como somos apaixoados da seleción, asistiremos o día 28 xoguemos contra quen xoguemos pero penso que esta tiña que ser a derradeira gota do vaso para que alguén teña a dignidade de dimitir. E por certo na web da federación galega de deporte e do futbolgalegoune aínda seguimos xogando con Chile. Unha vergoña.

Xeonllo #3 20/Decembro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Temos un país de opereta.

xan_78 #4 20/Decembro/2008 xan_78
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Xeonllo #5 20/Decembro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Co ministro do Caudillo de España por la coña de Dios non había selección galega para nada.

Garrano #6 20/Decembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Eu agardo que Paco Rodríguez o faga moito mellor ca a Bugallo a hora de facer unha boa selcción para a consellaría, por que polo que se viu con esta señora non houbo até o de agora máis que caralladas.

Vakaloura os Meana son unha panda de impresentabeis mais cóido que neste caso nin pinchan nin cortan á hora de negociar, se deles dependera non habería nin selección galega.

Xeonllo, temos un País que deixa moito que desexar a moitos niveis, mais non nos merecemos esta xentiña. No BNG hai xente moito máis útil e competente para levar esta consellaría e as suas secretarías xerais, xa sexan do sector UPG ou de claquera outro.

OBSERVADOR #7 20/Decembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Puaggghhhhh...!!!!!!!!!

ha ha, agora vai ser um "derby del tío Sam" e outro de "los reyes católicos"...

MrSrD #8 20/Decembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Santiago Domínguez fixo un moi bó traballo de xestor nesa dirección xeral o ano e pouco que a ostentou. Despois, converteuse nun caso claro de víctima do principio de Peter, cun suposto ascenso a xefe de algo onde puido desenvolver sen limite o seu nivel de incompetencia.

MrSrD #9 20/Decembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Son eu o único que prefire á Bugallo antes que ao Paco, o eterno, para a consellería?
Angola era moito mellor que apañar o refugallo dos vascos. Boh, unha carallada.

Garrano #10 20/Decembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#9 Pois eu cóido que Paco para empezar seguiría no BNG con toda a certeza despois de levar unha consellaría. Pola contra con Bugallo, teño as miñas dúbidas de que continúe no BNG logo das eleccións (xa non digo antes).

Xanzinho #11 20/Decembro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E Bush que pensa de todo isto? ;D

Força Galiza!!!

Vakaloura #12 20/Decembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#6.- Poida que teñas razón. Polo Meana non habería Irmandiña, pero non me negarás que logo apontase a saír na foto. Negociar non negociará, pero pinchar non peto da Federación Galega, si que pincha. Mentras, quen debía tomar decisións, asubía para outro lado. Se algún día queremos chegar a reivindicar unha Irmandiña coma selección oficial da Galiza que poida competir oficialmente a nivel mundial, non podemos andar con istas argalladas sempre pondo remendos de última hora. O verbo “dimitir” tampouco se conxuga na Galiza.

Atlantico #13 20/Decembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ten o seu aquel, Irán é un pais do "Eixe do mal", un dos principais rivais de EEUU e os seus vasalos como España, estaría ben que nos coñecesen en Iran, e as nosas reivindicacións para que apoien a nosa independencia, en caso de que España e ouros mindundis queira desmembrar Irán.

juli_gz #14 20/Decembro/2008 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

xan_78 asi é como o queres ti, porque dis que "asi o queremos os galegos", eu non o quero, a xente que escrebe eiqui tampouco polo tanto non xeneralices anda.
Viva Galiza Ceive.

MrSrD #15 20/Decembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#10. O da "vontade expresa de non ir nas listas", e a suposta "vontade tácita de ocupar o cargo", non me parece unha boa combinación. Moito menos despois de, supostamente, terse retirado desas lides. Eu recoñézolle o traballo como deputado, pero non me fai ningunha gracia a idea esta de telo agora de conselleiro de cultura sen pasar polas listas. Evidentemente que non é un requisito, mais neste caso, esa mistura de "expresos" e "tácitos", non me parece o máis apropiado.

MrSrD #16 20/Decembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Paréceme un pouco timo, de feito.

MrSrD #17 20/Decembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Se esa palabra non existe en galego para este significado, pois "engano".

Kalaikoi #18 20/Decembro/2008 Kalaikoi
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Q

piugo #19 20/Decembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ide rañar a caralla, todos.
Cómpre animar a Galiza e punto.
GALIZA vs tanto.me.ten.
En Riazor, o vinte e sete de decembro.

anisio #20 21/Decembro/2008 anisio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

QUE EU SAIBA BALEARES É UMHA REGIOM(DOS PAISOS CATALANS) JÁ QUE LOGO GALIZA JOGA UM PARTIDO EM CATEGORIA REGIONAL: ISTO É UMHA DEVALUAÇOM ACHO QUE POR DIGNIDADE É MELHOR NOM JOGAR;INSISTO BALEARES NOM É NAÇOM.HÁ QUE DENUNCIAR A ARMADILHA DO BnG ACABAREMOS JOGANDO CONTRA la RIOJA,MURCIA ETC UM POUCO DE DIGNIDADE

rockandroll #21 21/Decembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O de Balears foi umha soluçom de urgência, em princípio estava-se tratando de que Angola convocara as duas selecçons, a masculina e a feminina. Se o jogo fosse com Catalunya seria melhor? Seria umha selecçom de jogadores do Principat, nom do conjunto dos Països Cataláns. A questom é que a selecçom feminina tem que botar a andar, e pode-se ser crítico, mas há que estar com a selecçom...

rockandroll #22 21/Decembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

xan-78, és imbécil com teimosia. Primeiro deverias dar-te conta de que nos importa um puto caralho a tua opiniom. Pertences a umha puta minoria perdedora, ao PP = Partido Perdedor...capici? Por isso as vossas opinions devem ser ignoradas sistematicamente. A foder-se, perdedor.

trasancos #23 21/Decembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Aínda que eu son moi crítico co Bloque (e coa deriva que deu nestes ultimos anos), desta vez considero inxusto que se critique con tanta dureza a consellería de cultura e a secretaría de deportes. Porque non creo que eles teñan a culpa do desplante que nos deu o sindicato de futbolistas chilenos e porque sinceramente penso que fixeron todo o posible para sacar adiante as nosas seleccións nacionais. O importante, o realmente importante é que outro ano máis imos ver xogar os nosos rapaces defendendo as cores da súa terra, ata hai poucos anos algo imposible.

Agora non é o momento de criticar e andar a paos os uns contra os outros. Agora o que toca é comprar as entradas dos partidos de Riazor e Pasaron e ir animar aos nosos xogadores e xogadoras. Por riba das nosas diferenzas ideolóxicas ou diferenzas de criterio. Porque, insisto, a selección galega é patrimonio de todos os que a defendan e sintan de corazón.

Ademais, non me neguedes que non vai merecer a pena por fin ver xogar en Galicia a Nacho Novo, pichichi da liga escocesa e o mellor dianteiro galego da última década.

http://www.terra-galega.org

xan_78 #24 21/Decembro/2008 xan_78
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Andres_Dovalo #25 21/Decembro/2008 Andres_Dovalo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Tanto lle tén que seja o PP ou o Bloque, é cuestiao de seren galeg@ ou non. Esta é a única selección nacional da Galiza. Non vai haber campanhas de publicidade de megamilhoes coma a que o governo da Espanha montou para nos lavar o cerebro e facernos siareiros da 'RoJa'.

rockandroll #26 21/Decembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Dignidade, xan-78 é nom pedir perdom por ser galego e pensar que nós como qualquer povo temos direito a sermos representados em qualquer foro, evento ou competiçom. O demais é pôr o cu. E o PP é o partido QUE NOM GOVERNA e que portanto NOM MANDA, ÓSTIA, QUE TE INTEIRES DE UMHA VEZ. VOU IR AOS DOUS JOGOS E VOU-ME EMPALMAR, PENSANDO QUE É COM OS CARTOS DOS TEUS IMPOSTOS. EU A PASSÁ-LO BEM E TU, MAMALOM, A PAGAR.

xan_78 #27 21/Decembro/2008 xan_78
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

vaya formas! gitanillo no te alteres...tranquilo que las cosas quedarán claras y os mandarán a paseo a todos naciolitos, que sois una panda de fascistas y qu vivis del cuento. Seguro que tu tambien sacas algo de toda esta mierda, sois unos ladrones pero estoy seguro de que acabareis todos en donde os mereceis. LADRONES!

Andres_Dovalo #28 21/Decembro/2008 Andres_Dovalo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non sei se considerarme destinatario dos insultos no comentario inmediatamente anterior, mais non estaria de más revisar o regulamento de accesso a foros porque esa actitude de provocación é de baneo total.

independencia #29 22/Decembro/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

1-Evidentemente hai moita xente que non quere á nosa selección nacional.Máis co esforzo dos patriotas galegos, Galiza vai xogar.
2-Tristísimo que algúns aproveiten os moitos problemas aos que se enfrontan os da Consellería para facer unha caza de bruxas.
3-Eu non quero ser dun país ruin e machista.

Vakaloura #30 22/Decembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Coñecín moitos amigos nacionalitas que nunca lles importou ren de ren calquera deporte e moito menos o futebol. A miña sorpresa foi cando se empezaron a organizar istas pachangas do Nadal coa selección galega “Irmandiña”. Entón fíxéronse; sen saber se un balón era redondo ou cadrado; futeboleiros de toda a vida por que lles diron por caciquismo clientelar de Cultura e Deportes, non sei que argallada de cubrir unha reportaxe tampouco especificada e non se sabe ben para que. Bueno, perdón; si para forrarse á conta da Irmandiña. Xa que logo, na vez de cubrir unha reportaxe sportiva o que fixeron foi facer unha reportaxe política do evento sportivo. Iso faise noxento, utilizar a nosa selección Nacional para mercadear intereses políticos. Mesmo confunden o deporte co xeito de facer política. Está ben craro que o único limpo en todo isto é o balón. O demáis cheira de lonxe.

papuxa70 #31 22/Decembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pero Irán ou nom Irán?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: