Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Poderían presentar unha oferta a vindeira semana

O Dépor quere a Nacho Novo

Lendoiro confirmou o seu interese polo dianteiro dos Glasgow Rangers, sinalando que a comezos de xaneiro ha falar persoalmente co futbolista ferrolán.

Redacción - 19:15 30/12/2008
Nacho Novo falando coa Galega, após marcar os dous tantos no Galiza-Irán

Nacho Novo falando coa Galega, após marcar os dous tantos no Galiza-Irán

O presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, admitiu a noite da segunda feira que ten a ollada posta no dianteiro dos Glasgow Rangers, o ferrolán Nacho Novo.

O xornal escocés Daily Record recólleo na súa primeira capa como unha exclusiva: "O Dépor anda en conversas con Novo". O dianteiro, polo seu lado, revelou que podería contestar a unha oferta a vindeira semana.

A ollada de Lendoiro
Nun momento do Galiza-Irán, no que Novo foi o máximo anotador e o xogador máis destacado -viña de xogar, de mañá, co seu equipo en Escocia, e pola tarde marcou dous dos tres golas da irmandiña-, as cámaras da televisión enfocaron a Lendoiro nas bancadas. Estaba abraiado, ollando o xogo do ferrolán, se cadra pensando nunha posíbel fichaxe. Agora estamos certos, o presidente do Dépor admitiu que Novo é un dos principais obxectivos do clube.

Aínda ten que falar co adestrador, Miguel Ángel Lotina e co director deportivo, Ricardo Moar, mais, segundo lle confesou a este medio escocés, "Nacho Novo é un xogador atractivo para o Deportivo, polos seus antecedentes e tamén pola súa situación contractual en Glasgow". Ao galego quédalle cinco meses de contrato cos Rangers, nun período no que non termina de atopar o seu lugar, xa que o dúo de dianteiros formado por por Kris Boyd e Kenny Miller rouboulle un bocado o seu rol de goleador. "Sabemos que termina contrato esta tempada, así que non se trata dun gran prezo, mais non hai nada decidido aínda; este é o tipo de cousas que temos que debater internamente e das que falaremos en xaneiro", subliñou o presidente deportivista.

No caso de atopar sobre a mesa unha oferta do Dépor, Novo veríase nunha difícil situación, dado o trato que recibiu sempre da afección escocesa en catro anos e medio, e o bo lugar que ocupou no primeiro equipo. Porén, segundo lle contou a Vieiros, sempre quixo volver á terra. Lendoiro case o deu por suposto cando se dirixiu a el ao terminar o encontro de Galiza e Irán, dicíndolle, de brincadeira que, se cadra, tiña chegado o momento de volver á casa.


Ligazóns

4,89/5 (9 votos)

Comentarios (14)

Anti_Lusista #1 30/Decembro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pero a ver AVGVSTVS CAESARIS LENDOIRVS se non tes cartos, e por Nacho estan preguntando en Inglaterra, que é o que che fai pensar que vas ter cartos dabondo para pagarlle?

mau #2 30/Decembro/2008 mau
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Queremos-te na Crunha Nacho-man!!!

Garrano #3 30/Decembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#1 Leva razón. mais ogallá os consiga, non soportaría ver a Novo xogando co R. Madrid. O efecto psico-social de Novo no Madrid ou en calquera equipa española sería nefasto.

Lendoiro sabe que con Novo levaría máis xente da que está a ir nas últimas semanas a Riazor e que tería con iso só xa todo un super-depor. O mellor sería que lle dera a patada a Lotina e que fiche a Fernado Vázquez e a Novo... iso ía ser dun subidón criminal! e dívolo un do Celta con toda a boa fe.

pucelano #4 30/Decembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

de por contranado xogadores galegos. agardemos que isto sexa u cambio de mentalidade de lendoiro. parebénse se o fichades. Forza Ourense

Hibernian #5 30/Decembro/2008 Hibernian
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois como parte da parroquia deportivista, manifesto a miña ledicia, si e que finalmenten ven...(ainda que sexa do Rangers e non do Celtic!)

Hai que galeguizar este Depor!

breogain #6 31/Decembro/2008 breogain
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

dende Pontevedra un granate de pro tamén aboga pola volta de Novo ao fútbol galego, adiante os equipos galegos e o noso fútbol !!!!
Mágoa que teñan que demostrar fóra o que aqui non soubemos ollar con claridade, cantos xogadores bos estanse a perder por non saber tratar á canteira.

roixordo #7 31/Decembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E depaso que traian tamén a Ricardo Cabanas, por pedir...

rockandroll #8 31/Decembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caralho, Lendoiro, nunca pensaches que a selecçom servira para nada, e já ves...graças a ela resulta que decobriches a Novo...

Barcelos #9 31/Decembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu quero a Nacho para o Depor. A quen non quero é a Lendoiro. Así que o cambiamos.

ACamTir #10 1/Xaneiro/2009 ACamTir
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu o que quero é que tanto Nacho Novo coma o resto dos xogadores galegos falen galego,porque Novo e outros xogadores masculinos e femeninas despois dos partidos de ambas Seleccións non falaron no noso idioma nin para a TVG nin para a RG.
Iso o fan os cataláns ou os vascos e quedan fora da Selección o vindeiro ano.

galegasenprexuizos #11 3/Xaneiro/2009 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Moi de acordo com ACamTir.

mceleiro #12 3/Xaneiro/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

ACamTir,

É plenamente ilustrativo do que se passa na Galiza. Uma seleção não reconhecida, igualada a Extremadura ou uma equipa de jornalistas em partido benéfico de natal, na que os seus jogadores não são capaces de falar galego nem 10 segundos, perante a TVG, para os galegos, num acto que muitos consideram patriótico.

Essa não é a minha seleção. Fico com os menos da minha aldeia dando patadas à bola num campo de terra.

Esse segue sendo o nosso fútebol. Precário e autêntico.

xanxan #13 3/Xaneiro/2009 xanxan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 ten razon peo lendoiro sempre ten de onde quitar cartos
e ogalla veña nachooooo!!

Atlantico #14 3/Xaneiro/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se falan de fichalo é porque acaba contrato en Escocia, que o deportivo cartos non ten moitos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Velaí uns seareiros de Nacho Novo, momentos despois de saír de velo marcar en Riazor, este sábado

Dous seareiros dos Rangers coa camisola de Novo / Flickr: jorge-11
Dous seareiros dos Rangers coa camisola de Novo / Flickr: jorge-11
Co seu actual equipo, no que non é titular dende o 9 de novembro / Flicrk:  superleague formula: thebeautifulrace
Co seu actual equipo, no que non é titular dende o 9 de novembro / Flicrk: superleague formula: thebeautifulrace