Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLOS EN XANEIRO

Documentais de creación galegos no CGAC e novo cine francés no CGAI

No centro de arte compostelán poderán verse 'Manuel e Elisa', 'Eloxio da distancia', 'Flores tristes' ou 'Paris#1'.

Redacción - 09:00 08/01/2009

Seis películas francesas, debut dos seus directores en todos os casos, conforman o ciclo 'Primeiras películas francesas 2007', que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), inicia o vindeiro 16 de xaneiro. A filmoteca galega inicia a serie ese día con A tête de Maman, de Carine Tardieu, e Naissance des pieuvres, de Céline Sciamma. Os filmes restantes son Tout est pardoné, de Mia Hansen-Love (venres, 23 de xaneiro); 7 ans, de Jean-Pascal Hattu (luns, 26 de xaneiro); Dans les cordes, de Magaly Richard-Serrano (venres 30) e 13 M2, de Barthélemy Grossmann (sábado 31).

O mes de xaneiro tamén acollerá a presentación en Galiza da obra dos libaneses Joana Hadjithomas e Khalil Joreige, con oito filmes, entre curtas e longametraxes. A serie ábrese o venres 9 de xaneiro Open the door, please e Je veux voir.

'Xeiras polo real' no CGAC
O CGAC ofrece en xaneiro un ciclo que repasa os mellores documentais de creación galegos realizados no 2008. O ciclo, titulado 'Xeiras polo real', terá lugar do 13 ao 17 de xaneiro. Todas as proxeccións serán as sete da tarde.

A programación completa do ciclo está composta por:
-Martes, 13 xaneiro: El almuerzo del poeta, de Mario Iglesias
-Mércores, 14 xaneiro: Manuel e Elisa, de Manuel Fernández Valdés
-Xoves, 15 xaneiro: Eloxio da distancia, dirixida por Felipe Vega
-Venres, 16 xaneiro: Flores tristes, de Manuel Abad
-Sábado, 17 xaneiro:
Paris # 1, de Oliver Laxe
Pó de estrelas, de Alberte Pagán
Bata por fora, de Claudia Brenlla
John Ballan, detrás da porta, de Lara Bacelo
Os señores do vento, de Xurxo González


3.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: