Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OS TONECHOS ANUNCIAN UNHA 'SEPARACIÓN TEMPORAL'

"Pasade de todo, tíos"

O dúo cómico tomará un descanso, sen conflitos persoais, para centrarse en proxectos a nivel individual.

Redacción - 11:45 08/01/2009

Non se sabe se Tucho decidiu emanciparse ou se foi Tonecho quen o botou da casa, pero o dúo cómico máis importante da televisión galega nos últimos sete anos anuncia a súa separación temporal. Non é unha ruptura definitiva e a decisión, segundo Roberto Vilar e Víctor Fábregas, non se debe a un conflito persoal. Durante un tempo non definido pola parella, cada actor centrarase en proxectos artísticos individuais. Hai quen fala que Roberto Vilar (Xove, 1971) está embarcado nun proxecto profesional en Miami, algo aínda non confirmado. Víctor Fábregas (Esteiro-Muros, 1971) tamén comezará a traballar en solitario.

Nestes momentos a TVG xa está emitindo episodios repetidos do Show dos Tonechos, o seu exitoso programa, que estreou na Galega o 18 de abril de 2005. Nos seus tres anos de emisión acadou unha cota de pantalla media do vinte por cento, cinco puntos por riba da media da cadea. Os Tonechos déronse a coñecer no programa Con Perdón, aínda que foi a partir de 2002 no Luar cando comezaron a acadar o éxito e a popularidade coa que agora contan. Nos seus espectáculos participan de maneira habitual Dorotea Bárcena (Amadora) e Mariana Carballal (Maribel) e outros actores como Federico Pérez, Toñito de Poi, Alfonso Agra ou Luís Zahera.

Semanas antes das elección xerais do pasado ano, Vieiros falou con Roberto Vilar e Víctor Fábregas para coñecer as súas impresións sobre os comicios.

Mira aquí os vídeos dos Tonechos colgados no youtube


3,62/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Análise electoral de Roberto Vilar e Víctor Fábregas para Vieiros en 2008

'Os Tonechos capturan un extraterrestre'

Os Tonechos no Luar: 'O cadro'

'O atracador e o heavy'