Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
IZIANNE CASTRO, DO EXTRUGASA É A GRAN ESTRELA

O Apalpador portouse ben cos equipos galegos de baloncesto

Os equipos das máis altas ligas, a nivel estatal, aproveitaron o nadal para incorporar ás súas filas novos xogadores e xogadoras.

Redacción - 09:00 09/01/2009
Iziane Castro nun partido cos Storms de Seattle

Iziane Castro nun partido cos Storms de Seattle

O Extrugasa de Vilagarcía, o Rosalía de Compostela ou o Getiberica de Vigo son algúns dos equipos que aproveitaron o paro das competicións no nadal para incorporar algunha peza nova ao seu cadro de xogadores. O Extrugasa é o que máis se aplicou, coa chegada da estrela brasileira Izianne Castro, procedente do Lille Metropole francés onde estivo a firmar este ano 15.4 puntos de media por partido. O frío que estamos a sufrir estes días no país non é novo para a aleiro brasileira, que xogou fai máis de seis anos nas filas do Yaya María Breogán de Lugo.

Izianne Castro mide 1.80 metros, xoga de aleiro e, ademais de ter estado en catro equipos diferentes da WNBA posúe unha grande experiencia en ligas europeas como a rusa ou a francesa. Con só 26 anos, a nivel de seleccións estivo presente con brasil nos Xogos Olímpicos de Atenas e no Mundial do ano 2006, competicións onde rematou ás portas da medalla ao acadar nos dous casos a cuarta posición.

Segundo o adestrador das vilagarciás, Isaac Fernández, trátase dunha "xogadora de primeiro nivel que nos asegura 20 ou 22 puntos por partido". Castro terá a oportunidade de demostrar a súa valía no encontro que o seu novo equipo xogará contra o Gran Canaria o vindeiro sábado.

O Rosalía ficha a pares
O Apalpador tamén se portou cos composteláns, que incorporaron a dous xogadores norteamericanos pensando en que lle axuden a manterse na Leb Ouro, liga na que ocupa o derradeiro lugar. O primeiro en chegar foi o base Kammyron Tyler, de 24 anos, procedente do Kepez Bld Antalya turco. O outro xogador é o conflitivo pivote estadounidense Kentrell Gransberry, que está a cumprir un período de proba no Rosalía. O equipo compostelán é o terceiro no que xoga Gransberry no que vai de tempada.

Un novo base par ao Gestibérica
Da man do equipo vigués chegará outro estadounidense máis para o baloncesto galego. Chámase Ross Derogatis, acaba de cumprir 25 anos de idade e xogou o ano pasado nos Geneva Devils suizos, onde promediou 14.4 puntos e 6.9 asistencias por encontro.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Kentrell Gransberry, xogador a proba no Rosalía
Kentrell Gransberry, xogador a proba no Rosalía
Kammyron Tyler, xogador fichado polo Rosalía
Kammyron Tyler, xogador fichado polo Rosalía
Ross Derogatis, novo xogador do Gestibérica
Ross Derogatis, novo xogador do Gestibérica