ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Masacre en Gaza

Israel continúa coa ofensiva e mobiliza os seus reservistas

Barak e Livni, que van ás urnas en febreiro, son partidarios de non estender o ataque indefinidamente no tempo.

Redacción - 13:45 12/01/2009
Artillaría israelí, ao norte de Gaza

Artillaría israelí, ao norte de Gaza

O primeiro ministro israelí, Ehud Olmert; o ministro de Defensa, Ehud Barak; e a ministra de Relacións Exteriores, Tzipi Livni, reuníronse a última hora deste domingo e decidiron reforzar a presión sobre Hamas, informan medios israelís.

Livni sinalou na Radio do Exército que co ataque sobre Gaza, Israel "creou unha nova ecuación, que di que cando os nosos cidadáns son atacados respondemos coa forza".

A ministra non quixo informar sobre cando rematará o ataque, aínda que tanto ela -do Kadima- como Barak -laborista-, que en febreiro se enfrontarán nas urnas, son partidarios de non estender a ocupación, ao contrario que Olmert.

Este domingo, autobuses cheos de reservistas do Exército dirixíronse cara ao sur de Gaza. Mentres, avións de guerra bombardeaban repetidamente o corredor que percorre a fronteira entre Gaza e Exipto.

Israel rexeitou a resolución de cesamento do fogo do Consello de Seguridade da ONU a semana pasada. Tamén Hamas, que o condiciona á fin dos bombardeos e do bloqueo de Gaza.

A cifra de mortos palestinos desde o comezo do ataque israelí, o 27 de decembro, alcanza as 890 persoas, a maioría civís, e o de feridos, 3.600. Segundo Israel, tres civís morreron polo disparo de foguetes, e 10 soldados perderon a vida durante a ofensiva.


0/5 (0 votos)

Comentarios (4)

amoscaesquerdosa #1 12/Xaneiro/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hai que parar est masacre!
Cómpren novas manifestacións e outra iniciativas até que remate esta barbarie.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

tuzaro #2 12/Xaneiro/2009 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Repaso á historia do "conflito" en Oriente Medio. A historia escríbese con bombas israelís e sangue palestino: http://augasceives.nireblog.co...

Roquinho #3 12/Xaneiro/2009 Roquinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cando a dignidade internacional vai actuar en Palestina, xa está ben, cando se vai para-lo xenocidio dos palestinos a mans dos xudeus, xa está ben de escoitar e poñer diante o holocausto xudeu durante a 2ª guerra mundial, iso xa é historia pro que sin embargo estase a repetir e de xeito moito mais metódico, sen camaras de gas pro con bombardeos, expropiacións de terras e multiples barbaries por parte duns individuos que se cren superiores os demais, ata chamarse o pobo escollido por Deus.

Celso #4 13/Xaneiro/2009 Celso
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Na minha página web coloquei um vídeo com a leitura do firme comunicado em solidariedade com Palestina lido afinal da concentração do sábado 10 de Janeiro 2009 na Corunha. Pode ser descarregado em Flash SWF ou em MOV, e ser subido a qualquer outro lugar (a YouTube, por exemplo, eu não sei fazê-lo):

http://www.udc.es/dep/lx/cac

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Edificio do Consello Lexislativo, Gaza 27 de decembro

Edificio do Consello Lexislativo, Gaza 5 de xaneiro

As bombas seguen a caer sobre Gaza
As bombas seguen a caer sobre Gaza
Barak, en primeiro plano; Livni e Olmert, ao fondo
Barak, en primeiro plano; Livni e Olmert, ao fondo