Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL, TERCEIRA

C.D. Ourense: Un histórico en horas baixas

O día 15 de febreiro despedirán a seis dos oito empregados cos que conta como herdanza da última etapa do club en 2ª división.

Redacción - 09:15 17/01/2009
O equipo está actualmente situado en postos de ascenso á 2ª división b

O equipo está actualmente situado en postos de ascenso á 2ª división b

O Club Deportivo Ourense comunicoulle, o pasado xoves día 15 de xaneiro, a seis dos seus empregados que perderán o seu posto de traballo por mor dunha reducción de gastos. Trátase da aplicación dunha medida que a xunta directiva xa aprobara na asemblea do pasado mes de novembro e que estaba recollida nos orzamentos do equipo para este ano. O motivo é o proceso de saneamento económico instaurado pola directiva que dirixe Juán Pérez, e que o propio presidente define como "unha campaña de austeridade total", coa que pretenden saír dunha delicada situación que mesmo os obrigou a acollerse á Lei Concursal -a antiga suspensión de pagos- no 2007.

Os despedidos son catro administrativos, a persoa que tomaba conta da limpeza e o encargado de material do primeiro equipo. Este grupo de persoal forma parte dunha estrutura profesional que arrastra o Ourense dende o seu último paso pola segunda división, na tempada 98/99. Existe unha peculiaridade con dous dos administrativos, que compaxinaban as funcións recollidas nos seus contratos coa tarefa de adestradores de equipos das categorías inferiores. Dado que ningún dos 18 equipos cos que conta actualmente o Club Deportivo Ourense ten un adestrador profesional, agárdase que os administrativos despedidos continúen a dirixir o Ourense b e o cadete, respectivamente.

Agora ábrese un prazo de un mes que o club lles deu aos seis traballadores para que vaian mirando polo seu futuro laboral, antes que se faga efectivo o despido, o día 15 de febreiro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: