Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
É INGLÉS

O heavy máis vello do mundo: 82 anos

Unha reportaxe da BBC presenta a Owen Brown, o afeccionado de máis idade a este tipo de música.

Redacción - 13:20 18/01/2009

Os vellos rockeiros nunca morren. Esta frase, tantas veces repetida, poderíaselle aplicar ao que, posibelmente, sexa o heavy máis vello do mundo, e non pensa cambiar de música. Owen Brown, veciño de Weobley (Herefordshire, Inglaterra) de 82 anos, fala da súa afección nun vídeo da BBC.

Tamén resulta curioso que el xa tiña unha certa idade cando naceu este estilo de música, pero o certo é que o enganchou. Os seus grupos favoritos son Judas Priest e Iron Maiden. Porén, ao seu fillo deulle polo jazz.


4,8/5 (5 votos)

Comentarios (5)

Xanzinho #1 18/Xaneiro/2009 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"Porén, ao seu fillo deulle polo jazz"
Bah. Cria corvos...! :)

METAL FOREVER!! :D

riadigos #2 18/Xaneiro/2009 riadigos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

owen brown é o meu novo ídolo, se chego ós seus anos espero ser coma él!!!
Sen embargo, se algunha vez teño descendencia, coidarei de que non acabe coma o fillo deste señor

El_pastorrr #3 18/Xaneiro/2009 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Que noxo da a xentiña que pensa que o jebi metal é unha cousa de rapaciada que se quita ca idade, un pouco de respeto e de normalización pro jebi metal faz favor!

castelom #4 18/Xaneiro/2009 castelom
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Upa heavis do mundo!
Compatriotas de retrousos, rimas e coros!

galleto #5 21/Xaneiro/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E qué ten de malo o jazz? Moitos do jazz foron máis heavys que os heavys. Chet Baker, Miles, Billie Holiday, Charlie Parker... De feito a música heavy non existiría sin o jazz.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: