Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GZVIDEOS ESTIVO ALÍ

Así foi a 'quedada terrorista' da Sala Nasa

Centos de persoas puxeron o pasamontañas en apoio do espazo cultural compostelán, agredido repetidamente nos últimos meses polo PP.

Redacción - 21:17 29/03/2009
Tags: sala nasa



A Sala Nasa convidara ao público que habitualmente acode a representacións teatrais, de danza, concertos e outros espectáculos neste espazo cultural compostelán a protestar con moita retranca contra as delirantes acusacións que Gerardo Conde Roa e outros dirixentes do PP realizaron nos últimos meses. E a convocatoria foi un éxito. Máis dun cento de persoas xuntáronse o venres na Praza do Obradoiro, con pasamontañas, panos ou simples capuchas, disfrazados de terroristas, co gallo do Día Mundial do Teatro.

Participaron ducias de afeccionados ás artes escénicas anónimos, mais tamén caras máis colecidas, que tamén quixeron apoiar á Nasa, como Xosé Manuel Beiras, Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Margarita Ledo, Pepa Yáñez, Mónica García, Carlos Santiago ou Luis Gonçales Blasco 'Foz'.

Podes ver o vídeo en GZVideos


4.76/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: