ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS CAMIÑOS TORTOS DA MEMORIA

A Audiencia de Pontevedra absolve o historiador denunciado pola familia dun ex alcalde falanxista

O tribunal confirma unha sentenza do Xulgado da Estrada e subliña que Dionisio Pereira está amaparado polo dereito á investigación histórica. Vídeo no interior.

Redacción - 11:10 02/04/2009

Máis de dous anos de loita xudicial. Este é o particular calvario que vén de pasar o historiador Dionisio Pereira. Finalmente, a peregrinaxe polos tribunais acaba ben. A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de desestimar un recurso presentado pola familia dun ex alcalde falanxista de Cerdedo que consideraba que un traballo de investigación atentaba contra a súa honra. O tribunal pontevedrés dálle a razón ao Xulgado da Estrada, que xa absolvera en primeira instancia a Dionisio Pereira.

A sentenza marca un fito na recuperación da memoria histórica. Así, a Audiencia de Pontevedra considera que prevalece o dereito á investigación fronte o dereito á honra e subliña que o escrito denunciado forma parte dun estudo científico no que non existe ningunha pretensión de atentar contra ninguén. Os xuíces obrigan á familia denunciante, que só pode apelar ao Tribunal Constitucional, a pagar todas as costas do proceso.

O motivo da denuncia tiña que ver cun parágrafo da obra A Segunda República e a represión franquista no concello de Cerdedo. Na mesma vincúlase a Manuel Gutiérrez Torres, xefe falanxista local e alcalde do municipio na década dos 40 e 50, como un dos responsábeis da violenta represión desatada na localidade logo do golpe militar. A familia do rexedor demandaba, nun primeiro momento, a rectificación do estudo e unha indemnización.

O autor reivindica o dereito a coñecer a verdade
Poucas horas despois de coñecer a resolución xudicial fíxolle chegar a Vieiros un escrito no que di: “eu acredito na dor e no desasosego que padecen os achegados aos presuntos represores, cando a persistente brétema do esquecemento comeza a se levantar tras o traballo das persoas comprometidas coa recuperación da “memoria dos vencidos”, dando a coñecer os brutais episodios nos que hipotéticamente puido estar implicado o seu devanceiro. Unha dor de seguro incomparable á padecida polas familias das vítimas do franquismo, pero un sentimento que, ao cabo, debe ser respectado sempre e cando non impida o coñecemento e a valoración do acontecido. Mais se aqueles teiman en contrapoñer mesmo pola vía xudicial unha pretendida memoria familiar inmaculada, fronte á dos represaliados e represaliadas de xeito ruín e irreparable, estanse a situar nun egoista plano de inxustiza e de escurantismo, rexeitando así o seu concurso á rexeneración democrática que o Estado español precisa con urxencia.”


4,98/5 (40 votos)

Comentarios (26)

Benchoseiv #1 2/Abril/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

E se todos-as os-as que tenehm familiares assessinhados escribiramos,numa páxina da internet, o que lembramos do acontecido e os motivos pelos que forom mortos?.Éu tenho um na familia.Primo da minha nái.Séi quem foi que tal cousa fixo e quem forom os denunciantes.

Darth #2 2/Abril/2009 Darth
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

É que so faltaría, non poder dicir os nomes dos ASASINOS

ghalisia #3 2/Abril/2009 ghalisia
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

parabéns a dionisio pola absolución e, sobre todo, moitas grazas polo seu traballo.

cachalgura #4 2/Abril/2009 cachalgura
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Parabéns ao Dionísio. A Liberdade (em maiúsculo, nom com o sentido que a emprega a ultradireita hoje em dia)prevaleceu face a ignomínia

alboiando #5 2/Abril/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Unha vitoria 70 anos despois dunha derrota, paradoxos da historia.

Parabéns Dionisio e todos os científicos sociais que se adican ao estudo das memorias históricas.

outrolector #6 2/Abril/2009 outrolector
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Grazas a Dionisio polo seu traballo e a dignidade do escrito que enviou a Vieiros. Parabéns á Audiencia de Pontevedra por poñer a cada quen no seu sitio.

maragota #7 2/Abril/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O final lóxico e xusto dunha historia completamente absurda.
Grazas a Dionisio polo teu traballo.

maaneskinn #8 2/Abril/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Unha patela che de benzóns pra Dionisio¡¡ Bo e xeneroso.
Ao final cúmprese aquilo de que o tempo pon a cada un no seu sitio.

galeguzo #9 2/Abril/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

PARABÉNS, DIONÍSIO!! Afinal houve justiça, ou isso parece!! Continua com o teu trabalho, forte e rigoroso!

Gelo #10 2/Abril/2009 Gelo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Óptimo Dionísio. Parabéns pola sentença (parece mentira que se chegasse a tal julgamento) e polo teu trabalho.

Herbal #11 2/Abril/2009 Herbal
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Dionisio, parabéns! a luta continua!

Xeonllo #12 2/Abril/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Aquí o problema é que os que se solidarizan cos asasinos, cos represores fascistas, se envalentonan porque lamentablemente aquí non se perseguiron os crimes do franquismo porque houbo unha lei de amnistía moi mal entendida, moi inxusta, que meteu no mesmo saco os perseguidos pola dictadura e os servidores ou esbirros dela. E non é o mesmo. Igual que un ministro desa dictadura foi elixido para presidir tantos anos a Xunta de Galiza, aquí non se fixo nada por facer que non saísen gratis os crimes da dictadura.

En cambio, non se fixo o mesmo non só en Alemaña e Italia, mais tamén non en Portugal (aínda que se deixou marchar incomprensiblemente ao exilio a Marcelo Caetano, estando xa morto Salazar), en Chile, aínda que pouco se ten feito polo momento contra os esbirros do Pinocho, e igualmente non se fixo como en España en Arxentina, onde se está xulgando xa moita xente que cometeu atrocidades. Aquí nada, todos os franquistas pasaron por persoas respetables e aínda algúns teñen a cara dura de esixir que non se investigue nin publique nada e se respete a "honra" dos seus familiares. ¿Que honra? Os que non son honrados non teñen honra, e buscar a verdade nunca é denunciable. Esa tendencia xeneralizada a ocultar os crimes de Estado, a non falar diso, paréceme non un erro senón unha actitude cómplice e lamentable.

E despois resulta que esa xente de pasado falanxista e franquista é a que máis fala contra ETA, contra o terrorismo, mais... ¿e o terrorismo deles? Esa xente non ten o menor dereito a abrir a boca para falar de "terrorismo" nin para indignarse con ETA. Eles son os que menos poden falar pero son os que máis falan.

Especialmente en Galiza temos un ambiente de papanatismo na xente que leva a ter ben consideradas moitas persoas con pasado franquista ata as cachas. En fin, basta con vermos como se vota neste país para comprender que aquí os exfranquistas se atopan como peixe na auga.

OBSERVADOR #13 2/Abril/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Relato do acontecido: Os parentes dos assassinos leram o que Dionísio Pereira escreveu. Viram-se de tal modo ofendidos que decidiram realizar uma denúncia contra ele. Depois sucederam-se vários anos de lutas pela imagem de uns e de outros. Finalmente os juízes sentenciaram em favor da razão, do conhecimento. Mas por que se sentiram "ofendidos" os herdeiros dos assassinos? Porque eles pretendem passar por pessoas sem mácula, cidadãos de primeira em um país de segunda ou terceira. Porque são mentirosos.

O mesmo lhe digo a Fernández Rei. Ele pode fazer a mesma análise com a língua e a Real Academia, se quer.

Benchoseiv #14 2/Abril/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

É o PUY de Ponte Vedra,o filho ou familiar do Puy falanjista,e de moitissima influenza na dictadura do Piringalho.?Falo do Puy do ano 59 ou 60 a recuar.

OBSERVADOR #15 2/Abril/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Resultado: Muitos trabalhos para quem disse o que não devia ser dito. Para quem falou.

Parabéns ao senhor Pereira.

Congratulemo-nos todos, sem confiarmos na justiça. Esta vez atuou bem, mas por quantas vezes que sentenciou mal?

OBSERVADOR #16 2/Abril/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#14, Esse tal Puy que dizes, é o de Pereira ou o teu, Benchoseiv?

Benchoseiv #17 2/Abril/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Nâo séi OSERVADOR:Eu falo do tal Puy,por ouídas.Habia na minha vila uma mulher que ,por cousas da vida,os séus filhos estiberam metidos na "fandanga".Um deles,ou mais de um,foi dos do "gatilho".Entâo,cando esta mulher necesitaba dalguma cousa das "autoridades ou do goberno do Piringalho";ía a Ponte Vedra e falaba co tal Puy.
Éu fiquéi co nome do tal "patriota";pois,pelo que ela dicia ,notabase que era dos de moito poder naqueles tempos(de fome)e sempre conqueria o que ela pidialhe.
Outro "fandanguista"de Ponte Vedra, era um tal Queizán.Suponho que estará no alem.

Lidor #18 2/Abril/2009 Lidor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Parabéns a Dionísio Pereira e parabéns a todos os colectivos que se implicaron na reivindicación da súa persoa e o seu traballo, especialmente Verbo Xido e Redes Escarlata.

edreira #19 2/Abril/2009 edreira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A historia xulgarame, teño o mellor dos avogados, o esquecemento. E o mellor avogado perdeu diante de outro mellor, a memoria.

mansdodemo #20 2/Abril/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cando a Xusticia é xusta, e repara os malos momentos que te fixeron pasar, é coma un bálsamo que cura todo o que aconteceu.
Unha aperta.

breoghain #21 2/Abril/2009 breoghain
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Parabens ao nosso historiador.
Devemos seguir a conhecer o que nos fizeram estes fascistas espanhóis.
Muito obrigado a Dionísio Pereira.

curdomelidao #22 2/Abril/2009 curdomelidao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nom passarám!!!

ecoe #23 2/Abril/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Falades de Antonio Puig Gaite, o mandamáis oficial do goberno civil de Pontevedra e da diputación provincial ata xa pasados 1976/77, onde deixou ata hai pouco un sucesor tamén falanxista: Lilo Paz, con quen se entenderon tódolos gobernadores do pesoe.

O falanxista Queizán Taboada, mentres gobernou Fraga e Änsar, foi Delegado provicial de Cultura (mesmo despois da idade da xubilación). debeu xubilar cando lle marchou a teta co goberno bng/pesoe na Xunta.

alenmar #24 3/Abril/2009 alenmar
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

PARABENS, Dionisio. Debemos seguir a coñecer o sucedido. DIONISIO estará na Coruña o 18 de abril.

tinho #25 3/Abril/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

que paguem os custos parece-me pouca cousa polo dano moral,etico e social que figerom istes desgraciados fascistas, canta hipocresia, maís vendo como anda o mundo e um mal menor.

rockandroll #26 3/Abril/2009 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estes querem as tebras eternas, mas a eternidade nom existe. Adiante, Dionísio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: