Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de 30 feridos

A dereita provoca un conflito en Hungría polo nomeamento do novo primeiro ministro

Socialistas e liberais pactaron a elección de Gordon Bajnai, evitando a convocatoria de eleccións anticipadas.

Redacción - 12:35 15/04/2009
Bajnai, no acto de xuramento do cargo

Bajnai, no acto de xuramento do cargo

O nomeamento do ex-ministro de Economía de Hungría, Gordon Bajnai, como primeiro ministro foi recibido con importantes manifestacións en Budapest. A elección de Bajnai como subsituto de Ferenc Gyurcsány foi aprobada cos votos a favor dos socialistas e dos liberais e a ausencia dos conservaDores nunha moción de censura construtiva proposta polo Partido Socialista. Deste xeito, esquivouse a convocatoria de eleccións lexislativas anticipadas que reclamaba a oposición, favorita en todas as sondaxes.

Os enfrontamentos producidos no centro da capital húngara entre as forzas da orde e grupos de manifestantes saldáronse con, cando menos, 11 civís e 19 axentes feridos leves, máis outras 13 persoas detidas. A mobilización pacífica de cinco mil persoas acabou derivando en violencia o martes á noite despois de que varios representantes da organización radical Garda Húngara se enfrontasen coa policía.

A manifestación fora convocada contra o nomeamento do novo primeiro ministro e esixindo eleccións anticipadas. Cando o parlamento votou a favor de Bajnai, a maioría das persoas abandonaron a praza do edificio do Lexislativo de Hungría, pero uns 500 manifestantes permaneceron no lugar e tentaron derrubar os cordóns policiais. Por mor disto, os axentes tentáronos dispersar con gases lacrimóxenos.


2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: