Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALLO

Chus Pato e Camilo Nogueira gañan os premios 'Losada Diéguez'

O xurado distinguiu o libro de poemas 'Hordas de escritura' e o ensaio 'Europa, o continente pensado'.

Redacción - 19:00 25/04/2009
Camilo Nogueira é columnista en Vieiros

Camilo Nogueira é columnista en Vieiros

Chus Pato, na modalidade de Creación Literaria, e Camilo Nogueira, na de Investigación e Ensaio, veñen de gañar a XXIV edición do Premio Losada Diéguez. O fallo do premio, dotado con seis mil euros por categoría, foi dado a coñecer este sábado no Concello do Carballiño.

O xurado composto por Fernández Rei, Justo Beramendi, Xosé Luís Valladares, Cipriano Xosé Caamaño, Ramón Lorenzo, X. Henrique Costas e Carlos Paulo Martínez Pereiro, sinalou o libro de poemas Hordas de escritura, de Chus Pato, como a mellor obra literaria publicada o ano pasado:  “Trátase dun poemario que sobrancea pola súa explosiva orixinalidade, unha proposta poética dunha Chus Pato madura e sempre fresca, onde os versos poderosos se debullan nunha nova aposta sólida e ben traballada; con mesturas de xéneros e temas xa enxergadas nos seus últimos poemarios”, reza a acta.

O mesmo xurado distinguiu a Camilo Nogueira polo libro Europa, o continente pensado. Segundo o fallo, a obra “aborda con rigor documental e fondura analítica o novo marco económico e político supra-estatal que condiciona a xénese e o tratamento de problemas decisivos para o presente e o futuro de Galiza”.


4.73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: