Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Camilo Nogueira


Camilo Nogueira

Camilo Nogueira Román naceu en Lavadores (Vigo) en 1936. Enxeñeiro industrial e economista, foi eurodeputado polo BNG entre os anos 1999 e 2004.

Camilo Nogueira Román naceu o 22 de novembro de 1936 no concello de Lavadores, integrado en Vigo logo da Guerra Civil. Estudiou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de Bilbao e de Madrid. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago.

En 1964 entra a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro e participa nas grandes folgas obreiras de 1972. Forma parte de Galicia Socialista, un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa UPG en 1971.

Contribuiu a fundar a Asemblea Nacional Popular Galega e o Bloque Nacional Popular Galego (foi nas listaxes de 1977). Tamén estivo implicado na creación do Partido Obreiro Galego (POG), que evoluciona cara Esquerda Galega, un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar tres deputados nas Autonómicas do 81. Nesta época, Nogueira participa na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Esquerda Galega fusiónase co Partido Socialista Galego e ambos os dous acabarían integrándose no BNG co nome de Unidade Galega en 1995. A entrada de Camilo Nogueira no Bloque foi recibida con satisfacción entre os militantes, ao considerar que se producía á fin a unión do nacionalismo galego.

Nogueira foi deputado no Parlamento galego nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no periodo 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no Parlamento Europeo (1999-2004).


As súas opinións