Reivindica que se restableza na radio pública un programa diario que dea conta das novidades musicais editadas en galego.
O manifesto, que se pode asinar na páxina de Komunikando.net, comeza lembrando, ao igual que o facían Fanny&Alexander en Vieiros hai uns días, a obriga legal que os medios públicos do país teñen "na promoción e difusión da cultura e lingua galega". Sobre esta base denuncia a "eliminación da música galega do programa Aberto por Reformas" e a "deformación e perversion dos seus contidos" e conclúe demandando "que se restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas" e así mesmo "que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral".
Le e asina aquí o manifesto
Descarga o manifesto (.pdf)
A ver si xuntamos unha boa chea de apoios, por que pareceme que o apoio popular a nosa cultura e cada vez menor, e iso ten que ter un punto de inflexion, saudos
So falta que quiten Lume na Palleira e que metan, "Aprendiendo a usar la lengua (en la cona o en el carallo del Feijoo)" no seu lugar
Há que seguir tendo iniciativas assim, até que afogem com elas. Parabéns.
Apoiar a música galega e en galego e facela visibel no país e fundamental, moitos mais que os nosos debates sobre a lingua.
Se a xente nova sinte que a lingua galega ten o seu sitio na cultura popular da que beben derrubaremos moitos prexuizos sobre a lingua. Inda me lembro de moitas cancións que escoitaba no Xabarín Clube de grupos do mais alto nivel, ese e o camiño cara a normalización.
Nom entendo porque se centram num programa determinado. Todas as emissoras da CRTVG deveriam programar muita música galega e em galego. Por que nom pedir directamente a desapariçom da CRTVG?, total para o que serve.
O Aberto por Reformas é unha das mellores cousas que se fixo na CRTVG en anos. Todos coa música galega.