Este domingo cúmprense 25 anos do traslado dos restos de Castelao a Galiza, para ser soterrado no Panteón dos Galegos Ilustres.
Os restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foron repatriados e levados ao Panteón dos Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval, en Compostela o 28 de xuño de 1984.
Fanse este domingo xusto os 25 anos daquela chegada tan arelada e tan chea de polémica, porque quen formaba parte daquela maquinaria represora que o botara ao exilio, estaba agora reclamándoo como figura propia, un aceno que non sentou ben no nacionalismo galego. Dicir ben é pouco dicir, xa que aquel 28 de xuño a contorna do parque de Bonaval era un fervedoiro. Había milleiros de persoas arrodeando a Igrexa de San Domingos, denunciando que "os que o exiliaran, agora lle fixesen honra". Non había dereito, pensaban, que as autoridades que gobernaban o país, que eran as mesmas que estiveran décadas sentadas á dereita da ditador, dando por boas todas as súas ordes, trouxesen agora os restos do ilustre galeguista, finado moi lonxe da terra (en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950), facendo coincidir a súa chegada, ademais, co aniversario do plebiscito no que se aprobou o Estatuto que eles mesmos quixeron deitar.
Para darlle aínda máis polémica, aquel día houbera unha moi soada carga da policía española, que bateu contra os manifestantes que berraban, entre outras cousas, "A Castelao non se traizoa" e "Galiza ceive, poder popular!".
"Castelao é a esencia mesma do noso país, da nosa nación"
No mesmo día, saía na prensa galega un artigo de Uxío Novoneyra, que, naquela altura, era o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e no que o poeta do Courel sinalaba que os restos de Castelo "poden ser manipulados, coma todo, polo poder, pero el só vén realmente para os que queremos unha Galiza ceive". O artigo enteiro foi lido por Tareixa Navaza, naquela altura xornalista de TVE en Galiza, quen narrou a chegada do féretro con emoción, referíndose ao galeguista coma a persoa "que nos ensinou a todos que Galiza é unha nación". Nestes días ela mesma, xa prexubilada, contaba que o Gobernador Civil quixera parar a transmisión dos feitos, que agora pode verse no YouTube, e que segue estremecendo pola súa forza. Aquelas imaxes e aquela voz queda custáronlle o cargo ao daquela director de Televisión Española en Galiza, Alexandre Cribeiro, xa falecido. Tamén se vira obrigado a dimitir o organizador da cerimonia, Arixel Teixeiro.
Cando, despois da carga, uns uniformados homes erguían o féretro do automóbil no que fora trasladado, e levábano cara o Panteón, os manifestantes deixaron de berrar e comezaron a bater palmas ao seu paso. Daquela, Navaza destacaba os aplausos dicindo que "Castelao está por riba de todas as ideoloxías, porque é a esencia mesma do noso país, da nosa nación".
Honras pomposas despois de empurralo cara o desterro
Cómpre destacar que o desexo de Castelao era que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra, xa que se consideraba pontevedrés "pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra". Porén, xace inda baixo unha grosa lousa de granito detrás da que o quixeron agochar, após o pomposo recoñecemento daquel día de 1984, e que todos os anos, polo Día da Patria, é visitada e honrada con varios ramos de flores, como tamén o é a de Rosalía.
O mesmo día en que chegaron os restos de Castelao, concedéuselle, a título póstumo, a Medalla de Ouro de Galiza e, en decembro dese mesmo ano a Xunta de Fraga creaba a tamén moitas veces polémica Medalla Castelao.
No mesmo día:
Mentres agora e co bipartito ao noso país na tv chamóuselle sempre "comunidáde", a valente Navaza falaba hai 25 anos de nazón e de Galiza ceive. Ese é o camiño que se fixo en 25 anos, o do cangrexo.
o vídio xa o vira pero é moi emocionante,mágoa que debido a nova forma de ''represión'' que estamos a vivir nos medios de comunicación estes actos non se teñan repetido,todos xuntos, temos que comezar chamando as cousas como son, se a nación existe non hai que deixar que no-la agochen temos que saír a rúa a loitar polo noso dereito a decidir..non deixemos que dende madrid destruan a nosa patria, a nosa nación, non deixemos morrer a Galiza.
como dicía Castelao:-Se aínda somos galegos e grazas a nosa lingua-.
GALIZA CEIVE, PODER POPULAR!!!!
Emocionante o vídeo e a canción de Suso Vaamonde. Eu estaba alí ese día aínda que, a verdade, era un simple observador abraiado e emocionado.
Daquel día quedaronme gravadas varias cousas, unha delas as frases que lle berrabamos aos que esperaban os restos do esgrevio patriota, os que decidiran traélo para agochálo para sempre, entre os que se atopaba Camilo Nogueira: " Aquí está vivo en pé o noso irmán Daniel", "Ahí están 50 homes por 10 reás", Camilo,mona, Castelao non se traiciona", esta última por protestas das feministas tivemos que cambiala por "Camilo traidor, Camilo trepador". Outra das que berrabamos era a de " Os fascistas do 36 secuestran hoxe ao noso irmán Daniel". Outro recordo que teño é o de canto corrín aquel día, claro que tiña 25 anos e 10 quilos menos. Coincideu co ano que no 25 bde xullo o nacionalismo galego voltou a entrar na Quintana despois de anos de represión e loita. Aqueles eran tempos, claro que nin pisaramos moqueta nin nos apegaramos ás poltronas.
Con todo, tedes que recoñecer que as festas de San Pedro melloraron moito. Cúmprese aquelo de -policia +diversión.
Castelao é o pai de todos NÓS. Dos que seguimos e seguiremos LOITANDO pola NOSA NAZÓN, sempre.........SEMPRE.
Agora, eu tamén me manifesto, e berro alto e claro: "a Castelao non se traizoa".
E digo como naquel´intre: "Castelao está por riba de todas as ideoloxias, É A ESENCIA MESMA DO NOSO PAÍS, DA NOSA NAZÓN".
Castelao e umha parte importante do nosso patrimonio que, como a lingua, se interpom no caminho de aniquilaçom dos nossos feitos diferenciais como naçom; por isso, ate o de agora se tentou de tampar baixo umha lousa, mais, nos tempos de exaltaçom politica excluinte que caldeam os grupos de poder mesetarios actualmente, havera que estar preparados para respostar a sua manipulaçom e mesmo o intento de denigraçom da sua figura.
Nom e umha ensonhaçom, um esboço de tal tentativa ja se manexava polos media de Fdez Latorre antes de chegar o bipartito ao poder.
Ogalha se esquenceram ou que nom se atrevam a tal indignidade.
Home ou muller, Lead, terás que coincidir conmigo que as festas de San Pietro quedan en nada comparadas cas de San Berlusco, xa o verás o día que te leven alí de gardacostas de Menor Orella ou similar. Ah! que ti non es da pasma, pois perdoa.
Se Deus existe que nos mande alguén, xa non coma Castelao, confórmome con que se lle pareza un pouquiño.
Viva Galiza
hostia, marinheiro... pois vas ter razón, o que pasa é que a min gústanme as festas populares, non as de Alianza popular. E se ti non es un faltón presuntuoso que me leve o demo de Berlusco á súa cama.
1984, 28 DE XUÑO - ARTIGO DE UXÍO NOVONEYRA – "CASTELAO, NACIONALISTA GALEGO"
Os restos de Castelao están eí, e poden ser manipulados, como todo polo poder; máis Castelao solo ven realmente pros que queremos unha Galicia ceibe, pros que solo temos unha patria, a patria galega. Pros que solo nos sabemos e sentimos pertencentes a unha nación, a nación galega.
Inda que sintamos a outros pobos irmaos, dada a súa proximidade e longa convivencia con nós, Castelao ven pra os que só comulgamos onde realmente se comulga, se é común con outros, se é patria e nación con outros, na propia lingua, na lingua galega.
Castelao era un nacionalista galego, era conscente do que era, da sua propia patria, da sua propia nación, da súa propia lingua, de todo o que é mais sagrado, porque é o mais fondamente propio, e nos ven de lonxe, cáseque de sempre, dos antepasados nosos, que asi nos fixeron i en nos prevalecen. Non lle cambiaron, como a outros galegos, lles cambiaron a patria.
Os restos de Castelao, foron traguidos polos que se confesan e profesan de non nacionalistas, algúns xa de vello, outros dende hai pouco. E Quixeron meter e pechar o nacionalismo galego baixo da lousa de Santo Domingo de Bonaval, xunto cos restos do seu lider historico mais coñecido e querido e de pensamento mais actuante, e con iles enterrar a nosa esperanza, o noso mais grande e salvador soño colectivo. A liberdade e recuperación de Galicia, da sua cultura e da sua total decisión.
Os restos de Castelao NON TIÑAN QUE ESTAR NA GALIZA. Castelao tiña o seu lugar no panteón do "Centro Galego de Bos Aires" no Camposanto da "Chacarita". Castelao é de Bos aires, e da "Galiza Ideal" como a chamaba él, até que o nosa país ficara libre. Hoxendía a Nazón Galega non é ceiba nen ten soberanía política e está baixo o poder dos mouros españois.
Tiñamos que preguntarnos, se hoxe trouxeran a Castelao de Buenos Aires, habería tanta xente protestando polas rúas, a pedradas coa policia, ou se agora todo se moderou e temos un nacionalismo burgues. Quitando catro independentistas.
Daniel ten que voltar á Chacarita en Bos Aires, él tiña que voltar cando Galiza sexa Ceibe! e polo que din as urnas vai sendo houra que o suban ao avión de volta a sua Galiza Ideal
estea onde estea o seu corpo,a súa alma non se deixa engaiolar ;segue e seguira ceibe,e so algúns a pemos escoitar;nunca sera de todos:nunca será dos galegófobos,dos bilingues,aínda que intenten dignificarse ou facer penitencia,facénsolle as beiras á súa tumba;bastante noxo de deber dar
9 fillotolo: "Se Deus existe que nos mande alguén, xa non coma Castelao, confórmome con que se lle pareza un pouquiño".
Lo suscribo totalmente. Pero me temo que le daríais la patada como a Beiras. Justp igual que la Iglesia si volviese Jesucristo: caínitas.
"Hoxe os máis destacados educadores de Europa propoñen que o enseño se dea sempre na língoa materna dos nenos, deica o desenrolo completo da súa personalidade, porque así quedarán en condicións de deprender a segunda língoa como asignatura. Este asioma pedagóxico fúndase na comprobación de que a suma de coñecimentos adequiridos por un neno instruído na súa língoa materna é doble da que adequiriría nunha língoa allea. Cando non se utiliza nas escolas a língoa materna dos nenos, prodúcese unha atrofia na facultade do lingoaxe, i esta perturbación déixase sentir fatalmente no aprendizaxe da segunda língoa. Estas conclusións parece que non chegaron ao coñecemento dos nosos estadistas. Eles non queren, polo visto, enterárense da lexislación dos países afectados polo problema das língoas: Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Irlanda? Escola que non utilice o idioma materno dos nenos como xeito pedagóxico indiscutible... nunca!". Castelao; Sempre en Galiza: I, XXV.
Que no duela mucho asomarse al espejo. A mí me duele asomarme a la báscula.
A canción que lle cantou Suso Vaamonde a Castelao, prometéndolle "a terra dunha Galiza ceive" para o seu descanso
Traslado a Galiza dos restos de Castelao