Subliñou o traballo, entrega e patriotismo de Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, Luciano García, Fernando Pérez-Barreiro Nolla e Marcos Valcarcel.
No vixésimo quinto aniversario da volta dos restos de Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres, o presidente da Xunta fixo entrega das medallas que levan o nome do insigne galeguista e que distinguen a obra de cidadáns galegos, "tanto no eido artístico, como literario, doutrinal ou en calquera outra faceta da actividade humana".
Nun coidado discurso, Alberto Núñez Feijoo apelou en reiteradas ocasión á necesidade de inscribirse nun galeguismo cordial, subliñando que segue a conformar "a alma ideolóxica do país". Así, avogou por facer del "un punto de encontro" das pluralidades que conviven na nosa terra: "a autonomía segue sendo un roteiro orientado ao porvir", dixo, "e o galeguismo a nosa principal bagaxe para percorrelo".
Con todo, incidiu na importancia de "adaptar" ese pensamento "á pluralidade social", de xeito que "a cordialidade social permita "non só reafirmar aos convencidos, senón incorporar aos indiferentes e mesmo buscar a complicidade dos reticentes". Nunha alocución na que non faltaron referencias a Gandhi, Luther King ou Nelson Mandela, Feijoo apelou a Ramón Piñeiro para recordar que "non era necesario ser afín ao Partido Galeguista para sentirse atraido por Castelao".
O gran reto: fortalecer o galeguismo
Finalmente, dixo que "cómpre superar a tentación de facer do galeguismo un reduto selectivo, ou unha distinción que algúns reparten con avaricia". "Non hai unha forma única de entender o amor á nosa terra nin de interpretar o noso: non hai un único baremo de galeguismo". Nesta liña, o máximo mandatario galego asegurou que "o gran reto deste tempo é fortalecer un galeguismo que se achegue ao país máis como alumno que como mestre".
Así, concluíu: "tendo como temos un autogoberno democrático que xa superou a súa adolescencia, as interpretacións sobre o que somos teñen que partir da realidade, aínda que iso obrigue a revisar presupostos nados en tempos en que o país non tiña voz. Hoxe tena e cómpre escoitala".
Pegada dos premiados
Nun acto no que non faltaron representantes institucionais, da sociedade, da política e da cultura galegas, os galardonados agradeceron o recoñecemento. Foron a investigadora Tarsy Carballas; o doutor e internista Fernando Diz-Lois Martínez: o médico e etnógrafo Luciano García Alén; o tradutor Fernando Pérez Barreiro Nolla (autor de algúns artigos de opinión en Vieiros); e o investigador e divulgador da cultura galega Marcos Valcárcel López.
Na súa intervención, Feijoo valorou a súa traxectoria e a súa entrega a Galiza, na que tamén recoñeceu o seu galeguismo: “o traballo agrobiolóxico de Tarsy Carballas, que nos permite coñecer mellor o humus do que estamos feitos, é galeguismo; a devoción médica do doutor Fernando Diz-Lois é galeguismo; é galeguista a inquedanza que latexa no labor humanista de Luciano García Alén; Marcos Valcárcel, a quen alguén chamou axeitadamente o ‘intelectual elegante’, personifica o galeguismo; e existe outro galeguismo políglota e cosmopolita que leva a Fernando Pérez-Barreiro Nolla a sacar a Shakespeare do Globe londinense, para traelo á nosa lingua”.
está claro que o único obxectivo de frijolito para estes catro anos é desmontar o nacinalismo galego e vender un galeguismo españolista que inventou él un día cos seus amigos aznar e rajoy..
feijoo es patético,vasnos levar a ruína! DIMISIÓN!
A cordialidade tamén se pode pedir aos que rexeitan a nosa língua a cotio.
Hai que veu a viver na galiza fai moitos anos e aínda non din unha palabra en galego, ou peor hai xente que nacendo e vivendo en Galiza endexamais empregou o galego para nada.
Eu podo falar e escriber en galego e español, faime sentir superior, son capaz de falar galego algo que moitos e moitas nunca serán capaces.
A min daríame noxo recibir esa medalla de mans dese señor, pero non todos son da mesma opinión...
Cando a cordialidade e a diversidade consiste en aceptar o castelán como lingua propia de Galicia, eu renuncio á cordialidade e esta diversidade do galeguismo non me interesa. E supoño que a Galicia, tampouco.
no dicionario de feixoo,debe poñer:
cordialidade: sevilismo
Indignante como cospem dia trás dia sobre o recordo de Castelao e sobre o galeguismo...
¿Non hai ningún xornalismo que lle pregunte a este home o que significan cousas tales como "galeguismo cordial", "a alma ideolóxica do país", "un punto de encontro"... e expresións deste tipo? ¿Por que non llo preguntan?
Teremos un presidente mentiroso compulsivo ... ou será un malicioso cordial?
A cordialidade non vos é moi compatíbel coa malicia.
Haivos galegos defensores de si, dos galegos e mais do galego e háivolos que nin defensores de si son.
Os galegos delincuentes, galegoexterminadores, tamén vos son galegos; porén, será ben ter pouca cordialidade con eles.
Non creo que sexa moi bo para A Galiza se cordial co actual presidente.
¿A alma ideolóxica do país?.........
¿Galeguismo?...............
¿Fortalecer o galeguismo despois destes últimos aconteceres coa NOSA LÍNGUA?........................
A min, o Sr. Feixoo que non me conte as cousas con verbas, que as conte con FEITOS, e os FEITOS están ahí, na súa loita contra a LÍNGUA.
Que rache coas FAES, coa dereita ultra e..........se o ten a BEN, se integre no verdadeiro GALEGUISMO, facendo, non destruindo.
Pero nese adaptar o pensamento á realidade social para intentar incorporar a todos, hai que ver ao que temos que renunciar. Hai que ver se para captar esa complicidade quedamos tan descafeinados que ao mellor non queremos a súa complicidade.
Por outro lado, eu non vexo ao outro bando con moitas ganas de intimar connosco, vexo máis ben unhas ganas tolas de andar ao seu aire.
Gente como Feijóo confunde o servil e o serviçal. E nada há mais oposto.
outra vaca no milho, pero alguem sabe a quem pretende enganar iste espanholazo??
"Non hai unha forma única de entender o amor á nosa terra"
...moi certo, unha de esas formas e darlle por donde as almorranas proen, eso si, cun bo galeguismo armónico e cordial...
esta ocurrencia dos distintos xeitos de amar a Terra lémbrame aqueloutra de "facer do Xacobeo para Galicia o que as Olimpiadas do 92 foron para Barcelona": as disciplinas dous mil metros de pergrinaxe con obstáculos, o lanzamento de vieira ou o salto con pértiga-caxado van causar furor este verán.