Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'CONCURSO INDIANO'

Estivo o teu avó en Cuba?

Se algún dos teus antergos estivo emigrado na illa e tes fotos, podes envialas a aCentral Folque. Poderás acudir, de balde, ao espectáculo de 'Descarga ao Vivo'.

Redacción - 13:00 03/07/2009

O espectáculo musical Descarga ao Vivo chega a Galiza, despois da súa estrea o pasado ano na Habana. Será na Coruña o 23 de xullo (Teatro Rosalía), en Compostela o 25 de xullo (Festigal), e en Vigo o 30 de xullo (Teatro Caixanova), con entradas (para A Coruña e Vigo) a 12 e 13 euros. Porén, existe a posibilidade de acudir de balde ao concerto: todos aqueles que teñan algún familiar ou coñecido que estivese emigrado en Cuba e que teña algunha fotografía del, pode enviar estas imaxes ao 'Concurso Indiano' que organiza aCentral Folque, que ofrece dez entradas gratis que se sortearán entre todos os participantes. Ademais, as fotografías formarán parte dun audiovisual que se proxectará antes de cada un dos tres concertos.

As fotografías deben enviarse a descarga@folque.com até o 20 de xullo. Podes consultar aquí as bases.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: