Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Novidades editoriais

Portugal abre o outono literario con Saramago, Lobo Antunes e Dinis Machado

Aos novos títulos dos autores máis recoñecidos das letras lusas únense as traducións de Toni Morrison, Philip Roth e 2666 de Roberto Bolaño.

Redacción - 09:30 30/08/2009

A tempada editorial de outono-inverno arranca en Portugal coa publicación dos dous pesos pesados das letras portuguesas: José Saramago e António Lobo Antunes. A editorial Caminho lanzará en outubro Caim, con Deus e a Humanidade como protagonistas. Trátase do seu terceiro libro en menos dun ano, despois de A viagem do elefante e O caderno. Tamén en outubro a editora Dom Quixote tirará do prelo a nova novela de Lobo Antunes. Levará por título Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar?.

Este outono cúmprese un ano da morte do xornalista e escritor Dinis Machado. Popular polo libro O que diz Molero, traducido a varias linguas, publicou nos anos 60 tres novelas policiais. Agora Assírio & Alvim via publicar Blackpot, outra peza de novela negra que Machado escribiu naqueles anos e que se mantivo inédita ata agora. Outras novidades son O mar en Casablanca, de Francisco José Viegas e Ilusão ou O que quiserem, de Luísa Costa Gomes.

As traducións tamén achegan novidades interesantes ao mercado literario en portugués. Verá a luz 2666, a novela póstuma do chileno Roberto Bolaño que o consagrou como un dos autores fundamentais do cambio de século. Tamén se publicarán Indignação, de Philip Roth; Não tenhas medo, de Toni Morrison; O homem sem qualidades, de Robert Musil e A biblioteca da piscina, de Alan Hollinghurst.


3.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: