Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
VENRES, 11 DE SETEMBRO, ARC DE TRIOMF

Estaleiro Editora presenta en Barcelona o seu proxecto

Con motivo do 11 de Setembro, Diada Nacional de Catalunya, este proxecto galego de edición independente renovará a súa presenza no espazo social catalán, na Fira d'Entitats dels Països Catalans.

Estaleiro Editora - 19:00 09/09/2009

A presenza de Estaleiro Editora materializarase en dúas direccións. A primeira, coa exhibición e venda dos seus materiais na Carpa de libros instalada para tal efecto, onde compartirá espazo con proxectos e colectivos do ámbito catalán. Estarán a disposición do público os seis títulos publicados até o momento (Os poemarios Plan de fuga, de Alberto Lema, Máquina de guerra, de Raida Rodríguez, e Suburbia, de Oscar Mourave; as pezas de teatro Fume e Insomnio, de Rubén Ruibal e Carlos Losada; e os ensaios A Revolução pendente, de Carlos Diegues e o Manifesto contra o traballo, do Grupo Krisis, traducido desde o alemán por Alba Viñas e Ángela Tajes).

A segunda iniciativa consistirá nunha presentación xeral do proxecto para o público catalán, desenvolvida por unha das integrantes de Estaleiro Editora, desprazada desde Galiza. Este acto terá lugar ás 17 h. na carpa situada ao pé do Arc de Triomf.

A presenza de Estaleiro na VIII Fira d'Entitats dels Països Catalans serve para dar continuidade ao interese que o colectivo editorial sempre tivo por facer chegar o seu discurso a un espazo cultural que considera privilexiado, quer pola súa representatividade como enclave de referencia para a cultura galega no exterior quer pola súa relevancia como emprazamento de dinamización político-cultural, social e editorial básico no conxunto do Estado.

A especial relación coa cidade de Barcelona, onde residen un bo número de socios de Estaleiro Editora, favorece a intención de cumprir un dos obxectivos fundacionais do proxecto: exportar o seu proxecto de edición independente, alternativa e vinculada á libre difusión cultural, nun conxunto amplo e diverso de espazos.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: