Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
De Nan Goldin a Philip-Lorca DiCorcia

Unha visita guiada polo lado salvaxe da vida

O CGAC acolle unha exposición sobre a Escola de Boston, que nos 70 e 80 introduciu na arte a intimidade sexual e a marxinalidade.

Redacción - 11:50 24/09/2009

As vivencias de barrios marxinais, experiencias sexuais, a vida familiar, novos modelos sociais, personaxes noctámbulos, adiccións, intimidade, afectos. Desde finais da década dos 70, unha serie de artistas da Costa Leste dos Estados Unidos abriron novos camiños para a fotografía contemporánea, dirixindo os seus obxectivos a aspectos da vida ata ese momento pouco tratados na arte. Nan Goldin, Mark Morrisroe, Philip-Lorca DiCorcia, David Armstrong e Jack Pierson son algúns dos artistas incluídos na chamada Escola de Boston, dos que o CGAC expón 150 pezas que se poden ver desde este xoves na mostra “Familiar Feelings. Sobre o grupo de Boston”.

A primeira exposición da programación de outono do centro trae a Galiza as obras dunha xeración fundamental na arte de finais do século XX. Estes artistas xurdiron no momento da explosión do punk na outra beira do Atlántico, coincidindo co último alento da liberdade moral e sexual nacida dos 60 e que estaba a piques de entrar en crise pola irrupción da sida. Ese é o intre que retratan nos seus primeiros traballos e que marca a carreira de creadores como Nan Goldin.

Achegamento ao íntimo

Ela é a única artista en activo desta xeración que non está presente na inauguración da mostra. David Amstrong, Philip-Lorca diCorcia, Jack Pierson, Tabboo!, Gail Thacker e Shellburne Thurber inauguran a mostra o 24 de setembro, xunto co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o comisario da exposición, Manuel Segade.

Nas fotografías da exposición pódese ver a defensa da veracidade na que baseaban a súa obra estes artistas, que se manifesta a través dun grao ata entón descoñecido de achegamento ao íntimo. No CGAC pódese ver a crónica da súa xeración de David Armostrong, o traballo melancólico de Jack Pierson, a intimidade extrema de Nan Goldin ou a crítica da identidade sexual do pintor e transformista Tabboo!. Tamén se amosan pezas dos precursores que en Estados Unidos transgrediron os límites entre a vida e a obxectividade fotográfica: algúns dos últimos retratos de Diane Arbus e revolucionario traballo “Tulsa”, de Larry Clark.


Ligazóns

3.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"Vittorio" (1989), de Philip-Lorca DiCorcia
"Vittorio" (1989), de Philip-Lorca DiCorcia
"Greer and Robert" (1982), de Nan Goldin
"Greer and Robert" (1982), de Nan Goldin
"In Every Dream Home", de Jack Pierson
"In Every Dream Home", de Jack Pierson
"Jayne is Sexy and Dick is Too" (1981), de Tabboo!
"Jayne is Sexy and Dick is Too" (1981), de Tabboo!
"Untitled (Me and Kevin at the Beach with Babe, Cape Cod" (1979), de David Armstrong
"Untitled (Me and Kevin at the Beach with Babe, Cape Cod" (1979), de David Armstrong
"Ivy in the Boston Garden" (1973), de Nan Goldin
"Ivy in the Boston Garden" (1973), de Nan Goldin
"A Young Negro Boy, Washington Square Park, N.Y.C." (1965), de Diane Arbus
"A Young Negro Boy, Washington Square Park, N.Y.C." (1965), de Diane Arbus
"Untitled" (1971), de Larry Clark
"Untitled" (1971), de Larry Clark