ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 6 de novembro

Feijoo, Bisbal e Pedro J recibirán en Miami o premio "Españois universais"

A Cámara de Comercio España-Estados Unidos decidiulles outorgar o galardón pola súa "sobresaínte contribución profesional".

Redacción - 18:47 21/10/2009

A Cámara de Comercio España-Estados Unidos celebra o 6 de novembro a súa 30ª gala anual en Miami coa entrega dos seus premios "Universal Spaniards" (españois universais). Desta volta, os agraciados son o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, e o cantante David Bisbal, pola súa "sobresaínte contribución profesional como españois nos Estados Unidos". No apartado empresarial, premiarase IBT Group, LLC, especializado na construción e en equipamentos públicos.

A gala, á que haberá que asistir de rigorosa etiqueta, terá lugar no Hotel Biltmore da cidade estadounidense, e estará presentada por Marián de la Fuente e Carlos Herrera. O prezo da entrada é de 300 dólares para socios e de 350 para amigos da Cámara. A velada consistirá nun recibimento con alfombra vermella e cóctel seguido dunha cea de tres pratos, durante a que terán lugar os discursos e a cerimonia.

A Spain-United States Chamber of Commerce é unha entidade fundada en 1959 en Nova York que pretende fortalecer as relacións empresariais e culturais entre o Estado Español e os Estados Unidos, mantendo Florida como ligazón entre os dous estados.


Ligazóns

2,57/5 (14 votos)

Comentarios (21)

ronpaulo #1 21/Outubro/2009 ronpaulo
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Deus,vaia panda, sen dúvida un premio merecido son o máis universal que pode ter ista españa, temos que soltar lastre xa.

MCXOSE #2 21/Outubro/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Sorprendente!, alucinante!, un "triunfito" pseudo-cateto andaluz, un facha de corte centrista pero os cartos para os ricos e a miseria para os pobres, e o lambecús de Madrid-España renegado antigalego galegófobo acomplexado autoodiador-culturalmente Feijóo. Peor que o de darlles bandeiras azuis a praias onde atopas compresas enterradas na area e restos de feluxe, manchas de hidrocarburos, morca (graxa branca) ou tamén que empresas que verten esa mesma merda ao mar (Paquito S.L. por exemplo) estean en Galiza Calidade. Que tiren co premio ese á cañeira, os que o outorgan, que os galegos de pro non valoramos esas españoladas. Vergonza me dá.

Mahleriano #3 21/Outubro/2009 Mahleriano
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Bom, nom vos estranhedes...é o prémio polos "serviços prestados"...os lambe-cus e a escumalha cavalgam na onda do hediondo e do vómito.

Gaias #4 21/Outubro/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Ben merecido o teñen, sobre todo frijolito. Lastima que non se entregue tamen un premio o galegofobo universal ou ben outro o mais conspiranoico.

GalizacapitalBraga #5 21/Outubro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O ppolítico, o pperiodista e o tonadillero para elevar o nível e ter repercussão mediática.

Gaviotero #6 21/Outubro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Xistral #7 22/Outubro/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Estou de acordo completamente con MCXOSE. España é a última palangana de occidente, o retrete de Europa e o cú do mundo. Porque se non teñen outros españois que representen algo máis que estes, fastididados están.
Ademais a Feijoo había que darlle o premio de "españolazo" universal, porque español non é aínda que el queira, pola sinxela razón de que os españois non o consideran español senón un pringado galego. A ver se te enteras Gaviotero, eles non vos consideran iguais, considéranvos cidadans de segunda (que por outra parte é o que sodes).

asubio #8 22/Outubro/2009 asubio
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hei,Gaviotero,non estarás ciumento,ehh?igual querias que cho deran a ti,para iso tes que ser ainda mais e mellor español e ti, non o és

Bra_Gz #9 22/Outubro/2009 Bra_Gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Vaia!! se o premio este ten forma fálica seica o Pedro J. estará contentísimo. Despois daquela oscura historia de amor no interior dunha furgoneta cunha muller con máis saíntes que entrantes este sera o mellor agasallo posible para o seu esfínter solitario.... (lástima Camps, quizáis para o vindeiro ano tócache a ti), outro exemplo de españolito que proclama algo que nin el mesmo cre. Con respecto aos outros dous folclóricos premiados, estou dacordo co xurado, son os dous mellores representantes da cultura española, así que premio máis que merecido.

Tino #10 22/Outubro/2009 Tino
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eses prémios cheiran a PPaifocada Aznaril antes de que lhe deam a vaga perpétua na Universidade Da Santa PPatranha.

Xistral #11 22/Outubro/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Aínda é mellor esta noticia: Aznar/Ansa foi nomeado Catedrático de Ética pola Universidad de Murcia

xabinho #12 22/Outubro/2009 xabinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Habichuelas espanhol universal???, o que é habichuelas: un espanhol corrupto,mentireiro,anano,imbecil,escuro...
pedro j: puto franquista manipulador,nazi, corrupto...
bisbal:este si, a figura mais representativa, intelectual,culto, a persoa mais importante deste século.(jajaja,que é coña, iste é un puto gusano como din os cubanos aos de miami,bulerias bulerias,jajaja
PERTAS

volvebreogan #13 22/Outubro/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

que grande é españa..o mello do mello vai alí representado...un triunfito que xa se lle remataron os seus días de gloria,un manipulador e retrógrado xornalista e un político que mais que maquiavélico é diabólico no que aos seus intereses respecta..

Lead_bocas #14 22/Outubro/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Unha precisión, Xistral: o ex-presidente do goberno foi nomeado pola Universidad Católica San Antonio (UCAM), onde dirixirá a cátedra 'Ética, política y humanidades'. Manda truco!

E todas estas e outras condecoracións tenas ben merecidas mentres que os xuices corruptos non fagan o seu traballo e manden a este verme da política ao Guantánamo que el amparou e defende.

Cuevillas #15 22/Outubro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Para min perfecto, porque o que pasa en España é totalmente irrelevante para Galiza. Alá os españois co seu país.

maleiro #16 22/Outubro/2009 maleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

hehehehe!
Ó millor pásano ben na entrega. Quén vos dí que frijolito e pedro jetas non van botar un bailiño arrolados polo escachatazas ise de bisbal?
Seguro que pedro jeta tén unha boa figura dentro do seu vestido de gasas e eso a frijolito...igual che lle gusta.
Manda carallo!

BonKarallan #17 22/Outubro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu creo que ese premio merécello Gaviotero por ser o español máis universal que hai nestas páxinas.

Fraco favor fixéronlle a Feijóo. Non creo que poida presumir moito de premio na Xunta.

Por outra banda estes de a Cámara de Comercio España-EE.UU non teñen nin puta idea. Igual que os que lle deron o Nobel a Obama. Son igual de ineptos.

Xistral #18 23/Outubro/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Tedes razón, desde logo quen merece o premio é Gaviotero. Pero xa se sabe, non lle chegan aínda os méritos para ser o españolazo que el quere.

tinho #19 25/Outubro/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

nom sera a mafia cubano-americana quem concede os ditos premios

Xeonllo #20 25/Outubro/2009 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¡Que trío!

pitiriti #21 29/Outubro/2009 pitiriti
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ai que bo, un hortera, un facha e un incunable, por esta orde, espero que non se ofenda o resto do universo por esta escolla, digo polo de ser universais, dubido que o resto de mundos goste de ter persoeiros coma estes entre eles.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: