Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Será publicado proximamente

Aparece un ensaio inédito de Risco sobre Palestina

Trátase dun texto en castelán de 1944, que atopou a filóloga Olivia Rodríguez.

Redacción - 17:45 22/10/2009

En 1944 Vicente Risco escribiu un ensaio no que examina o significado de Palestina desde unha concepción cristiá dos fundamentos de Occidente. A profesora Olivia Rodríguez González descubriu no transcurso dun traballo académico sobro o escritor este texto en castelán ata agora descoñecido. O ensaio inédito será publicado proximamente nunha edición comentada pola investigadora.

A Universidade da Coruña, á que pertence a profesora, explica que neste ensaio Risco augura posibles saídas para a supervivencia da que considera “Terra Santa por antonomasia". O autor d'O porco de pé propón unha saída diplomática para a pacificación dun territorio no que afirma que o Estado Español podía ter un papel importante.


3.73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: