Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A venda en 2010

Berrogüetto estrea na rede o adianto do seu novo disco

Danza de Meirol abre o álbum 'Kosmogonías', que incorpora, por primeira vez no grupo, unha voz masculina: a de Xabier Díaz.

Redacción - 09:30 26/11/2009
Berrogüetto

Berrogüetto

Berrogüetto estrea este xoves na rede o primeiro single do seu quinto disco. Danza de Meirol poderase descargar de balde dende a web de R dende este 26 de novembro. O álbum, Kosmogonías, publicarase en 2010. Como novidade, conta por primeira vez cunha voz masculina: a de Xabier Díaz, novo interante da formación dende a marcha de Guadi Galego en xaneiro de 2008.

O novo traballo de Berrogüetto defínese como "unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara á consecución dun sistema de organización máis xusto" e que se retrotrae até o Big Bang. Á súa vez, o adianto, Danza de Meirol, está baseada na tradición e recuperada grazas ao traballo de campo habitual do grupo, que compila sons e voces de Galiza. O tema respecta a lírica tradicional, que evoluciona a través dun tratamento contemporáneo.

Ademais, este domingo 29, ao mediodía, Berrogüeto ofrecerá un pequeno set acústico na feira AchegArte, na Coruña. O acto completarase cunha sinatura de discos e coa escoita do single Danza de Meirol.

Prema no reprodutor para escoitar Danza de Meirol:



4.75/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: