Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Novo presidente da RAG, este sábado na Coruña

Méndez Ferrín opta polo "continuísmo"

20 dos 23 académicos avalaron a candidatura. O resto votaron en branco. "Reactivar" o traballo no ámbito da gramática e da lexicografía, primeiro obxectivo.

Redacción - 14:35 23/01/2010
Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín

Os membros da Real Academia Galega (RAG) elixiron este sábado a Xosé Luís Méndez Ferrín como novo presidente da institución, nun plenario en que o escritor ourensán resultou elixido por maioría absoluta. Ferrín substitúe no cargo a Xosé Luís Barreiro, que deixou esta responsabilidade o pasado 18 de decembro logo de oito anos á fronte da Presidencia.

A candidatura de Ferrín foi a única presentada para optar á presidencia da RAG. No plenario, que se desenvolveu na súa sede da Coruña, 20 dos 23 académicos avalaron esta candidatura. Os outros tres votaron en branco.

Xunto a Ferrín, conformarán a Executiva Xosé Manuel Axeitos, que até o de agora ocupaba o cargo de arquiveiro-bibliotecario e que pasa a ser secretario, mentres que Manuel González, que ostentaba esta responsabilidade, asumirá a tesouraría.

Con Ferrín, incorpóranse á Executiva Francisco Fernández Rei, novo vicesecretario, e Euloxio Ruibal, novo arquiveiro. Logo da súa elección, o novo presidente da RAG apostou por unha "xestión continuista" á fronte da institución e por "reactivar" os seus traballos no ámbito da gramática e da lexicografía.


4.57/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: