Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta contra o máster de profesorado

A entrada de antidisturbios en Historia provoca unha queixa formal da USC

O decano Xoán Manuel Monterroso prefire deixar a intervención non autorizada nun "exceso de celo", mais ampara o alumnado que foi identificado.

F. A. - 16:35 24/03/2010
Entrada á Facultade, en Compostela

Entrada á Facultade, en Compostela

A Facultade de Historia da USC, en Compostela, viviu este martes pola tarde un episodio impensábel hai poucos anos, mais que se está a tornar en case que normal nos últimos tempos.

Axentes antidisturbios da Policía Nacional entraron no recinto universitario, sen autorización do Decanato nin doutra autoridade da USC, e identificaron unha ducia de alumnos dos que protestaban contra o máster de profesorado, xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña.

A manifestación, unha das que houbo durante a xornada ao abeiro do paro convocado en Historia -unanimemente secundado, segundo os organizadores-, coincidiu cunha visita do profesorado participante na conferencia Universidades emprendedoras: nuevos modelos, organizada no marco da Presidencia española da UE.

"Foi unha decisión desafortunada, un exceso de celo, tomada sen que ninguén llelo pedise nin desde o decanato nin desde a propia USC", considera o decano de Historia, Xosé Manuel Monterroso, que comprende o "sentimento de asoballamento" sufrido polos alumnos.

Protesta formal nas próximas horas

Neste senso, e aínda que prefire non dar maior importancia á "mala decisión" tomada desde a Policía, asegura que emitirán unha queixa formal nas próximas horas -ben conxuntamente co alumnado, ben paralelamente- logo de consultar con autoridades universitarias superiores.

De feito, foi Monterroso -recoñece- que aconsellou os estudantes que a presentaren por escrito. A fin última é coñecer quen deu a orde aos axentes antidisturbios para que accedesen a un espazo de liberdade onde teñen vetada a súa presenza, agás nun caso de emerxencia e co consentimento expreso do reitor.


4.55/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: