Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS USC

Mercedes Brea: "É preciso equilibrar a docencia coa investigación"

Seguimos o repaso das eleccións universitarias. Desta volta, Mercedes Brea cóntanos da súa vontade de impulsar as disciplinas vencelladas ás Humanidades e ás Ciencias Sociais e Xurídicas. Vídeo no interior.

Isabel G. Couso - 13:00 28/03/2010
Mercedes Brea, no momento de rexistrar a súa candidatura en San Xerome

Mercedes Brea, no momento de rexistrar a súa candidatura en San Xerome

Cunha candidatura “aberta ao diálogo”, Mercedes Brea (A Estrada, 1950) preséntase para asumir as rendas de San Xerome como reitora da Universidade de Santiago (USC) cunha aposta clara: “equilibrar a docencia e a investigación”. Esa é unha das liñas mestras do seu programa, que pretende corrixir o esquecemento no que nos últimos anos entende que quedou a docencia, mentres os equipos reitores apostaron pola investigación.

Preséntase como independente, mais co apoio da Plataforma Universitaria Progresista (PUP), de signo socialista, o grupo docente que defendeu o até o de agora reitor, Senén Barro, e que máis veces gobernou a institución dende os anos 80. Con máis de 35 anos de experiencia na Universidade, Brea tamén fai dunha necesaria recondución da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) outro dos eixos da súa candidatura. Entende que até o de agora o Plan Boloña foi mal aplicado: “traballouse máis nos graos e aínda haberá que agardar a ver como funciona, mais a aplicación dos másters fíxose dun xeito improvisado”, denuncia.

Sen agochar os erros da anterior equipa reitoral (ver vídeo), Brea aposta por un financiamento baseado en proxectos concretos, vecellado a obxectivos, como o modelo de contratos-programa, no que os cartos obedecían a un obxectivo prefixado, cuns prazos que había que cumprir e unha comprobación final do seu cumprimento: “non podemos exixir financiamento se non ofrecemos nada a cambio”, asegura, “a función da Universidade é dar un servizo á sociedade”. Finalmente, adianta que non prevé futuras alianzas nunha segunda volta: “eu non teño intereses políticos de ningún tipo”,conclúe.


1.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: