Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN FERROL

Milleiros de persoas piden a dimisión de Farjas

Convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, a manifestación denunciou os “intentos da Xunta de privatizar a sanidade pública”.

Redacción - 09:30 12/04/2010

Cinco mil persoas segundo a policía (10 mil segundo os convocantes) manifestáronse este domingo nunha marcha convocada en Ferrol pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, unha entidade da que forman parte 44 entidades sociais, veciñais e sindicais.

O portavoz da Plataforma, Miguel López, lamentou “a falta de compromiso coa comarca da Consellaría de Sanidade” e denunciou os “intentos do PPdeG de privatizar os servizos sanitarios para beneficiar a empresas construtoras, aseguradoras e farmacéuticas”. Asemade, demandaron a dimisión da conselleira, Pilar Farjas, a quen acusan de liderar ese “proceso privatizador”.

A saúde non é un negocio
Ademais dos colectivos que integran a Plataforma (as centrais sindicais CCOO, UXT, CIG e USTG, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria, partidos políticos como BNG, PSdeG, EU e asociacións veciñais como Teima ou Lazos-Comité Antisida), acudiron á marcha alcaldes de Ferrol, Fene, Ares (PSdeG) ou Mugardos (BNG). Tamén participaron profesionais da área sanitaria chegados dende Vigo, A Coruña e Pontevedra. Todos eles corearon consignas contra a privatización subliñando que “a saúde non pode ser un negocio”.


Ligazóns

4.71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: