Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Coñecerase o 17 de maio

As mellores achegas culturais á relación coa Lusofonía aspiran ao Premio Meendinho

O padroado da Fundaçom Meendinho abre o proceso de votación para un galardón que se entregará o sábado seguinte ao Día de Camões.

Redacción - 10:00 17/04/2010

A Fundaçom Meendinho abriu o proceso de votación para o premio Meendinho 2010. O galardón pretende premiar persoas ou institucións que destacasen na valorización da lingua e da cultura galegas inseridas no portugués internacional e coa relación cultural lusófona.

O premio darase a coñecer o 17 de maio e entregarase nunha gala que se celebrará o sábado seguinte ao 10 de xuño, día de Camões e da Lusofonía, onde estarán "o quen é quen das elites reintegracionistas" e representación dos medios de comunicación.

O padroado da fundación escollerá o gañador, de entre os votos e propostas recibidos no enderezo meendinho@galiza-gz.info. O Meendinho aspira a se converter nun referente social en Galiza e nun grande orgullo e mérito para quen o reciba, nun acto que "ten que formar parte do calendario cívico cultural", no enaltecemento dunha cultura nacional.

Os cargos do padroado están actualmente ocupados por Alexandre Banhos Campo (presidente), Isaac Alonso Estraviz (vicepresidente), Manuela Ribeiro Cascudo (secretaria), Ana Maria Cabanas Gomes (tesoureira) e os vogais Margarida Martins Vilanova, José Paz Rodrigues, António Lourenço Fontes, Carlos Reis e Luiz Gonzaga Martins.


4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: