Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÚSICA

Ugia Pedreira saca a bailar a Rafa Cuíña e a Martiño Noriega

Inmersos no proceso de gravación do seu segundo disco, Marful adianta o videoclip do primeiro tema: “Pasodoble Universal”.

Redacción - 19:32 26/04/2010

A ritmo de pasodobre. Así presenta Marful o seu segundo disco. Despois de catro anos da súa estrea en sociedade, Pedro e Pablo Pascual, Marcos Teira e Ugía Pedreira están xa a traballar nun novo proxecto, que ofrecerá unha nova incursión musical nos ritmos da jazz band fusionado co folque máis tradicional.

Como adianto, ofrecen o seu primeiro videoclip, unha composición cargada de humor, na que podemos ver danzar, con discutíbel estilo mais con moita gracia, ao colaborador de Vieiros, Rafael Cuíña, ou ao alcalde de Teo, Martiño Noriega.


Ligazóns

4.83/5 (23 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: