Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Primeiro ghit

"Berto Habichuelo", chulapo maior, bailan o chotis alá nos Peares

Directamente do 'Galician Carraxe on Garaxe', a peza Berto Habichuelo, dos estradenses Esquíos.

Redacción - 12:00 03/05/2010



Aquí está a primeira das pezas inxectadas na caixa de correo apologhit@vieiros.com. En breve o resto e tamén a web oficial. Radio Apologhit 2010 xa enfornando.

"Ningún mellor que este expresa a nosa posición en relación á maneira de usar os medios públicos por parte do partido no goberno". Así o contan os mozos de Esquíos sobre o tema composto por Jorge Rodríguez baixo o título 'Berto Habichuelo'. Son directo, garaxeiro e cru cociñado desde A Estrada. Xa na xira 'Galician Carraxe Lavado e Engraxe 2010' ao longo do mes de maio haberá cando menos media ducia de ocasión nas que velos en directo: en Vigo na Sala Farándula (8 de maio) e no Centro Social A Revolta (14 de maio); na Sala Capitol, en Santiago (19 de maio), na Sala Badulake en Ordes (21 de maio) ou na sala Jazzmin, no Carballiño (28 de maio). A última hora no espazo en MySpace dos Esquíos.


BERTO HABICHUELO

Berto habichuelo, castelanum est
Berto habichuelo, castelanum est

fala galego e pensa en castelán
para gobernar non foi mal plan
ser do birrete nacendo en aldea
renegar da tua terra gobernando nela


Berto habichuelo, castelanum est
Berto habichuelo, castelanum est


Bailan o chotis alá nos Peares
Berto Habichuelo é o chulapo maior
alí dicen as vellas cando pasa o carón
“Que alto, que juapo é todo un señor”.


Berto habichuelo castelanum est
Berto habichuelo, castelanum est


solo


prometeu mercar o coche en Vigo
quen o vería pasear na berlingo

ten a doenza do que chega o poder
a memoria lle falla non lle funciona ben

Berto habichuelo castelanum est
Berto habichuelo, castelanum est


4.84/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: