Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Josu Jon Imaz

12:40 17/09/2007

Faltoulles pouco aos do PP para celebrar a marcha do Presidente do PNV. Seguen nas teses de que cando peor mellor. Centrados nunha política que busca o enfrontamento entre os territorios como base do seu oportunismo político. Fáltalles ambición de país, ou mellor dito, fáltalles ambición democrática para entender a riqueza plurinacional que dá sentido ao término España.

A marcha de Josu Jon Imaz é negativa para a política española. A súa xestión trouxo un pouco de serenidade ao conxunto da política vasca e da loita antiterrorista, tan necesitada de expulsar ás posturas maximalistas que conducen a ningures.

Teño claro que é unha das consecuencias do fracaso do Proceso de Paz, que nos debera ter conducido á disolución de ETA e a normalización democrática. Polo tanto, o Presidente do Euskadi Buru Batzar é tamén unha das vítimas da radicalidade política de aqueles que apostaban polo fracaso do Presidente Zapatero na súa pretensión de pór fin definitivo á violencia política.

A diferenza cos procesos anteriores, por primeira vez na nosa historia democrática, o Goberno lexítimo de España non só tivo que facer fronte a ETA. Senón que o principal partido da oposición apostou claramente por utilizalo terrorismo como arma política e de enfrontamento entre os cidadáns, aínda a costa de romper á sociedade civil.

O PP é culpable de deslealdade cos cidadáns. Os seus intereses electoralistas, o seu rancor pola perda das anteriores eleccións, levounos a alimentar politicamente aos que están contra do Estado de Dereito. ETA creu ver aí o punto débil de Zapatero. Ou obtiñan contraprestacións importantes no proceso ou a dereita española esnaquizaría ao PSOE. Ou iso pensaban.

E no PP que se Zapatero cedía ante a presión da dereita, estarían ás portas da derrota electoral do PSOE. E senón o facía, este sería acusado de colaboración cos terroristas.

Máis os cidadáns sabemos das dificultades da loita contra terrorista. Durante anos perdoamos a todos os Gobernos de España os seus erros, máis non perdoamos a deslealdade do principal partido da oposición na loita antiterrorista, da súa burda manipulación das vítimas de ETA. Por iso o PP está como está. Histéricos por situarse á cabeza da sucesión de Rajoy, histéricos porque, por fin fóra do PSOE, Rosa Díez pretenda competir en españolismo rancio coa dereita.

Efectos negativos
Non todo está feito para os socialistas. Teñen o risco de non motivar ao seu electorado nas vindeiras eleccións de marzo; e o PP non pode marcar o seu discurso, outra cousa é que desde o PSOE sexan necesarios máis didáctica, máis partido e máis militancia. Foi a España claramente de esquerdas a que votou contra Aznar o 14M, por iso erros como os cometidos en Navarra ou Madrid, senón se corrixen, a poden desmobilizar. E seguro que Solbes sabe que os “técnicos” están para buscar solucións ás demandas da sociedade na súa pretensión de máis democracia e máis igualdade.

Chegou, tamén, o tempo de facer unha análise máis rigorosa do mal chamado Pacto polas Liberdades e da, cando menos excepcional, Lei de Partidos. Entre os efectos negativos están que os socialistas estiveran atados, amordazados e chantaxeados por esta Dereita radical e desleal.

Pero volvendo á orixe deste artigo. Mágoa da marcha de Josu Jon Imaz, porén é lóxico pensar que no PNV as voces sensatas van prevalecer. Son un partido centenario que apostou claramente pola democracia xa na Segunda República, estiveron na loita antifranquista e seguirán na loita contra ETA.

Sigo a pensar que Euskadi e a política española necesitan profundar nese acordo básico entre os socialistas, esquerda unida e o nacionalismo democrático.

3,35/5 (17 votos)


Comentarios (8)

Gaviotero #1 17/Setembro/2007 Gaviotero

Estos sociatillas...tanto análisis para llegar a lo de siempre. Al final la culpa de todo es del PP.

Pues no hijo mío. La culpa de que el protegido de ZP se vaya al carajo es ni más ni menos de un sector mayoritario del PNV, encabezado por Eguíbar (la sombra de Arzallus) que son partidarios de darle alas a ETA porque saben que el PNV sin ETA no es nada.

¿Cómo va a ser el PP culpable de deslealtad con los ciudadanos cuando precisamente la mayoría de los ciudadanos amenazados por ETA apoyan a esta formación política?

Entiendo que cuando a ETA no se la ve más que en la tele, estas preguntas sean difíciles de contestar. Y echarle la culpa al PP, lo más fácil.

Brais #2 17/Setembro/2007 Brais

Señor Gaviotero, está claro que o PP comezou hai anos unha estratexia de confrontación baseada no nacionalismo. Co conto de que rachaba España, procurábase identificar nacionalismo con terrorismo premeditada e perversamente. A estratexia, de momento, parece que non lle deu resultado. Aínda así, os acebes e zaplanas teiman nesa demonización co apoio de determinados medios de comunicación.

De Imaz, cómpre dicir que é un independentista (nunca negou que este era o seu obxectivo último). Lonxe do que se di, Imaz non é un autonomista enfrontado cos sectores máis soberanistas. O problema de Imaz é que sempre se negou a que ETA condicionara o futuro político de Euskadi.

emigrado #3 17/Setembro/2007 emigrado

Eu non sei por que sempre aparece Josu Jon Imaz como o bon e Eguibar como o malo. O último que lle escoitei dicir a Eguibar pareceume bastante coherente: se a soberanía e boa para Irlanda, Alemaña, Italia, Dinamarca, Eslovenia, etc. por que non vai ser boa para Euskadi, Flandes ou Quebec?

emigrado #4 17/Setembro/2007 emigrado

Eu non sei por que sempre aparece Josu Jon Imaz como o bon e Eguibar como o malo. O último que lle escoitei dicir a Eguibar pareceume bastante coherente: se a soberanía e boa para Irlanda, Alemaña, Italia, Dinamarca, Eslovenia, etc. por que non vai ser boa para Euskadi, Flandes ou Quebec?

xacataca #5 17/Setembro/2007 xacataca

Brais, a vosé o que lle pasa é que é un 'posibilista'.

BonKarallan #6 17/Setembro/2007 BonKarallan

Pero Manuel escoita as ideas renovadoras do señor Gaviotero, membro das novas xeracións do PP como se pode apreciar nesta instantánea obtida por un reporteiro de "Aquí tamén hai repolos"

http://www.elpais.com/recorte/...

emigrado #7 17/Setembro/2007 emigrado

Bonkarallan, esa imaxe induce a confusión, cal dis que é: o chavalito da bandeira do primeiro plano ou o rapaz que aparece subido a un semáfaro...

BonKarallan #8 17/Setembro/2007 BonKarallan

O rapaciño da bandeira, que leva una galiña pintada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Cendán

Ferrolán nado en Narón en 1967. Milita no PSOE galego desde 1991 e participou na fundación da revista "Razón Socialista" (1995), da Asociación Fuco Buxán (1999) e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (2001). Máis na súa Bitácora do Nordés.