"...cando morre un idioma morre un pobo..."
Antón Vilar Ponte, "A bandeira ergueita", ANT, nº1. A Coruña, 1916
O Mapa Sociolingüístico
Unha realidade que cada día máis palpábel estaba a ser nos últimos anos, o avance demoledor do español sobre o galego na nosa sociedade, vén de ser publicitada semanas atrás. Tal e como varios medios de comunicación teñen recollido, a publicación do segundo volume do Mapa Sociolingüístico da Galiza (do 2004, aínda que editado no 2007) amosa como as cifras de galegas e galegos que falan na lingua do país de xeito preferencial descendeu enormemente, parello ao aumento alarmante do número de monolingües en español.
A tendencia fica clara até tal punto que se non se lle pon remedio á situación, podemos saber da falta de futuro que lle agarda ao noso idioma en poucas décadas. Reparemos, neste senso e segundo este estudo, en que nas nosas cidades menos dun 10% das mozas e mozos (entre 25 e 34 anos) falan con normalidade, como monolingües, o galego e que a escala nacional menos dun 20% dos entrevistados din falar exclusivamente decote o noso (e seu tamén) idioma.
Houbo quen desde a administración autonómica se apresurou a indicar que máis fondos públicos se adicarán a prestixiar o galego; porque seica é disto do que aínda o idioma adoece e que lle dará novos folgos. Contodo, sabemos que o idioma non é disto do que precisa, de facto os inquéritos falan de que socialmente o galego conta con máis prestixio que nunca, mesmo segue a ser comercialmente un “elemento” altamente atractivo. Por outra banda, sabemos que nos inicios do s.XX cara un 90% dos nosos compatriotas eran monolingües no noso idioma e de prestixio a nosa lingua pouco, e é que, por moi irracional que resulte, na historia da nosa lingua nos últimos douscentos anos, cando menos, dáse unha proporción inversa entre número de galegofalantes e o prestixio social do idioma.
E cal é o problema, logo? Por que camiñamos cara unha Galiza nada galega e toda española (...de gaitas, mais con farrapos ‘rojo y gualda’ e esas cousas)?.
Desde logo o problema non é unívoco, nen doadamente resumíbel nun texto de opinión, para alén de un non ser sociolingüista para elaborar ensaio algún sobre a totalidade desta cuestión en tempo presente. Contodo, o que si gostaría é de apuntar cara a localización, ao meu modo de ver, de parte do problema.
Na defensa da lingua?
No que atinxe ao idioma acontece socialmente o que ocorre en non poucos casos co medio natural (coas corredoiras, co monte...): a sociedade desenténdese del en trazos xerais, porque xa está para a súa conservación a administración, que é a depositaria duns fondos a tal efeito. Non hai unha necesaria asunción dunha alicuota parte de responsabilidade que todas e todos temos co común, co público.
A lingua, “patrimonio común” desta nazón que a paríu e que chamamos Galiza, padece tamén desa falta de sostén social. De facto, aquelas e aqueles que deberan (deberamos) ser modélicos na loita en defensa da lingua, léase as e os nacionalistas, fan (facemos) colectivamente deixazón das súas obrigas militantes. Este fenómeno deriva dalgo tan novidoso na historia do nacionalismo galego como o facto de ficar secundarizada a loita polo idioma, noutrora epicentro da loita pola “liberación nacional”, en favor doutros ‘cabalos de batalla’.
Sen ir á criazón das Irmandades da Fala a inicios do s.XX para verificarmos a importancia que no nacionalismo galego tivo sempre a lingua (como polo xeral en todos os nacionalismos, loxicamente!), mais facendo certa retrospectiva, non nos enganamos de afirmarmos que o soberanismo galego deu artellado un movimento de defensa da lingua, hai a penas dúas décadas e media, que mantivo unha presión social favorábel ao idioma, até o punto de poñelo de moda e que foi responsábel de darlle novos e novas falantes. Lembramos?.
Claro, un movimento vizoso este nun tempo no que unha outra Galiza (e un outro mundo!) se vía posíbel. Un tempo no que o derrube da ditadura franquista e a realidade internacional, sen dúbida, deran folgos, novo esíxeno, aos movimentos de emancipación nacional. Un tempo no que o nacionalismo galego vía posíbel o que se estimaban obxectivos estratéxicos a atinxir e polos que se mantivo unha loita co Estado (español) e coa nazón que este representa e defende.
Face aquela realidade chegamos á actual na que con máis carnés expedidos que nunca, o nacionalismo galego menos activistas, menos militantes, estrito senso, ten, nomeademente na loita polo idioma. Non só non houbo na última década (non está a haber) recambio xeracional (nen actualización das tácticas, discurso... respeito á actual realidade), senón que parte da militancia de noutrora fica (lexítimo e razonábel até certo extremo) desactivada en comparanza cos níveis de adicación e intensidade no traballo de (re)construción nacional e normalización da lingua de hai dúas décadas. Como consecuencia, a presión social favorábel ao idioma que se daba nos anos oitenta (mais tamén en parte dos noventa) fica desaparecida.
Parello ao indicado, dáse un claro reartellamento dos valores lexitimadores do español na Galiza, encubertos dunha falsa defensa da “tolerancia”, a “convivencia en pacífica”, etcétera, etcétera, aproveitando, mesmo, porque todo vale, a inmigración, que sempre ben vida sexa na súa integración harmónica no noso entorno.
Que o nacionalismo galego está hoxendía no máis alto dos seus triunfos no plano político-administrativo é certo, mais que polo momento isto non está a ter unha tradución prática positiva en relación ao idioma tamén fica claro. Que a defensa da lingua caeu nunha ritualización de certas datas (caso do 17 de maio) e que peca das sempre perigosas rutinas -en forma e fundo-, perdendo peso no ensino, eido no que máis necesario ca nunca é (porque das cativas e cativos, en grande medida, depende o futuro do idioma e do país), non é menos certo...
Ninguén cuestiona que os esforzos sinceros en favor do idioma desde distintas áreas da administración sexan improdutivos, faltos de interese... ao contrario, ben vidos sexan -caso das Galescolas!-. Mais que cómpre reactivar a loita na rúa -é dicir en todas e cada unha das esferas da vida, en todos e cada un dos ámbitos de uso lingüístico- en favor do noso idioma debera ser obvio; de desexarmos, claro, unha Galiza normalizada. Para isto era bon sermos intransixentes (con inxenio, claro) co uso normal do idioma na nosa vida pública e privada (máxime na educación dos nosos cativos e cativas) e abandonarmos posicións permisivas, derrotistas... máxime cando aínda partimos dunha situación para a recuperación maioritaria do idioma óptima.
En definitiva, é necesario volvermos a 'bandeira ergueita'!
Pois é "a nossa língua é a nossa bandeira".
Ou como muito melhor o expressaria Vilar Ponte, para mim o grande e mais interessante intelectual das Irmandades da Fala:
«Ou é que ainda hai quem, possuindo algumha cultura, pense que o nosso idioma vernáculo e o idioma de Portugal nom som todo um e o mesmo, com idêntica sintaxe e idêntico léxico, salvo pequenas diferenças de morfologia, ortográficas e prosódicas, tam fáceis de reparar (se nom se querem unificar a custo de um pequeno esforço), e salvo galicismos e americanismos que abundam na fala dos irmãos de além Minho?»
(Pensamento e sementeira, pág. 345-346)
«Entre o galego e o português de hoje nom hai mais diferenças que as existentes entre o castelhano de Castela e o de Andaluzia e América; e a sua unificaçom é tam fácil, se nom mais, que a realizada por flamengos e holandeses com o idioma comum, que somente se diferençava na ortografia e nalguns giros prosódicos. Quando se vam dar as normas precisas para intentá-la pouco a pouco? Pudérom ser chamados nunca a umha missom de maior transcendência no terreno da própia cultura, da cultura autóctone, a Academia Galega e o Seminário de Estudos Galegos?»
(Pensamento e sementeira, pág. 346)
«Os nacionalistas galegos temos de chegar aginha à maior unificaçom possível, sem mágoa do engebre, entre o nosso idioma e o português. Assi o português lerá-se na Galiza doadamente, acabando coa vergonha de que se nos ofereça por intermédio do castelhano o seu génio, mais nosso que o génio castelhano; assi a independência do nosso espírito a respeito do de Castela, que nos tem mediatizado, virá de caminho»
(Pensamento e sementeira, pág. 257)
«Galiza tem de considerar a Portugal como baluarte da sua independência espiritual...»
«A liberdade e a independência de Portugal consideramo-la os galegos como a nossa mesma liberdade e independência, e estaremos dispostos ... a erguermo-nos violentamente contra dos que quigessem esnaquizar aquela. Galiza considera o português como o galego nacionalizado e modernizado... toda burla ou ironia que se dedique por espanhóis a portugueses será tomada como aldrage feito a galegos...»
«Galiza e Portugal estreitadas ao fim suporiam umha expansom cultural de idioma diferente do castelhano tam extensiva quase como a deste na península e caminho de rivalizar também na América, com o baluarte do Brasil, significando a redençom do nosso espírito para colaborar por nós mesmos, com todas as essências naturais da nossa raça, no superior comunismo da cultura universal, de que falou Guyau.»
«Enquanto exista Portugal nom morrerá, pois, Galiza.»
«Enquanto viva o português o galego nom morrerá.»
"o galego, ou é galego-castelhano ou é galego-português", Ricardo Carvalho Calero
Unha observación cecais fora clarificadora para a base argumental subxacente no artigo: cánto cambiaron as tornas desque o "nacionalismo" deixóu (abandonóu e mirou pra o alto) a sua imbricación cas loitas do pobo e se pasóu ós tresillos?
Eis ó millor unha boa parte da explicación dos porqués?
Xustamente onde escoitaba un debate nun canal da TV local de Barcelona. A discusión xiraba ao redor da lingua catalana. Aínda que as distancias son xigantescas (os cataláns falan dunha lingua, o catalán, que está a morrer, cando teñen máis falantes que o castelán), os contertulios situaban o problema no mesmo ponto que Uxío. O ensino en Catalunya e case 100% en catalán, a administración, a sinais na rúa, establecementos... pero qué ocorre? non hai unha loita diaria de asociacións en defensa do idioma como houbo na transición.
Un curiosidade, os cataláns pedíanlle a súa xente que loiten día a día, que axuden aos inmigrantes para que aprendan efalen catalán. Nos temos que loitar para que os propios galegos falen a súa lingua, o galego.
Aprendi mais de Vilar Ponte e do autêntico conflito linguístico na Galiza com a mensagem #1 que com o artigo do sr. Diegues, por muito parecido que tenha o seu título com aquele do artigo de 1916... Que estranho que o autor, sabido como deve ser destas cousas, não tenha reparado no que dizia Vilar Ponte a respeito da língua e só tenha escolhido um título para fazer semelhança dele...
Será que o discurso de Vilar Ponte não lhe interessa e só lhe parece resgatável o original título do artigo original?
Paréceme simpático que escolmedes eses fragmentos de Villar Ponte e mesmo que os poñades en reintegracionado. O que non entendo é por qué VIllar Ponte escribía en galego (había outros, Viqueira ou Risco nun tempo, que xa empregaban grafías do galego-medieval), que non houbo interese real por estender o nacionalismo galego cara Portugal (agás pequenas e singulares relacións, p. ex. Teixeira de Pascoaes e foron culturais) e sobre todo, que esquecedes o valor do idioma galego que para os Villar Ponte (tanto Ramón como Antón)tiña na teorización da nación galega. Castelao tamén falaba de achegamentos e unificacións a Portugal, e Viqueira, Risco, Peña Novo... Moitos naquela época. Agora ben, deberiades reflexionar sobre o contexto e, ante todo, na relación entre a teoría desta xente e a práctica. POucos escribiron coas grafías medievais (por qué vos empeñades en chamar galego-portugés?? iso é galego medieval que é o que defenden os nosos lingüistas e non galego-portugués que defende unha centralista Clarinda de Azevedo Maia e cupula de Coimbra) Hai moita diferenza. Tamén son escasas en Villar Ponte esas afirmacións en prol do portugués (foi un articulista prolixo!).E déixovos outro apuntamento: cantas veces empregarian a Portugal apra contrarrestar a España, non por ideoloxía senón por oportunismo político. Villar Ponte tamén chamara a independencia de Galiza nun discurso nas COrtes no ano 34 ou 35, chamando á insurrección armada ao estilo irlandés. Pero xa digo, unha cousa é a "oratoria" e outra moi diferente a praxe política.
Ei mirade q circula pola rede:
http://dinonaintolerancia.blog...
Ah, claro. És tu, XurxoMG, um exemplo de praxe política...
Parece mentira, nem respeito tens pelo discurso dos verdadeiros galeguistas. Vilar Ponte está a dizer-cho bem clarinho. Mas tu olhas a outro lado. Sei que pagam bem no outro lado?
"Lei de Berto":
"O Número de Berto - Berticidade Absoluta (B.A.):
Nunha discusión online en galego sobre calquera tema, defínese o Número de Berto ou "Berticidade Absoluta" como o número do primeiro comentario no que se menciona o reintegracionismo"
"O Índice de Berto - Berticidade Relativa (B.R.):Nunha discusión online en galego sobre calquera tema, defínese o Índice de Berto ou "Berticidade Relativa" como o inverso do número do primeiro comentario no que se menciona o reintegracionismo expresado en %" Relación entre a B.A. e a B.R.: B.A. = 100 / B.R.
Éche ben doado despotricar baixo un pseudónimo, non "observador"? Non sei que son para ti "verdadeiros galeguistas" e non sei que coñecerás ti da obra dos Villar Ponte.
Non sei onde me pagan mellor. Xa mo dirás máis clariño que non cho entendo e quero mudar de choio. E o da praxe política... tamén mo contarás.
Señor Observador, o sr. XurxoMG, poderá ser ou non exemplo de praxe política, mais retranquear sobre o asunto sen dar probas, en fin...
Semella vostede coñecer o señor XurxoMG, di ben el que é doado pór a feder a xente dende o pseudónimo, non lle semella estar a xogar con vantaxe???
Por outra banda, o que si é certo é que o señor XurxoMG di a verdade cando sinala que Villar Ponte, nunca até onde eu sei asinou ren como ViLar Ponte, non escribía galego-portugués, medieval ou como gosten en lle chamar a esa grafía. E tamén é ben certo que había outros que o facían na altura.
E o que é innegábel é que o galego esmorece. Xa houbo non hai moito un fío en vieiros sobre o peso da norma escolleita neste proceso de desaparición. Volveremos ao mesmo?? Eu, agás contadas excepcións, comezo a pensar que á meirande parte dos lusistas dálles igual que non se fale galego na Galiza ou que si se fale. Como puxo o luiz #1, mentres haxa portugués...pois non tal señores!!
Este artigo fala da DESAPARICIÓN DO GALEGO, da nosa lingua, da nosa fala, dá igual que eu escreva assim: DESAPARIÇÃO DO GALEGO ou DESAPARIÇOM DO GALEGO, incluso DESAPARECIMENTO DO GALEGO, igual agora algún "percebe" mellor, o problema non fica resolto por escribírmolo en reintegrado ou AGAL. O problema está aí e o sr. Diéguez sinala posibeis causas. Claro, que algún prefire botarlle a culpa á Xunta, á Mesa, a todo o mundo, e seguir a parolar do sexo dos anxos.
Interesantes opinións. Agora ben, na Coruña cobernada polo BNG, collo un autobús e anúncianme as paradas en castelán, deixo ao meu fillo nunha escola infantil pública e fálanlle en castelán, vou aos Xulgados e ata podes ter máis que atrancos por usar o galego, os Colexios profesionais só usan o castelán par adirixirse aos colexiados, o letreiro de entrada a esta cidade, na Avda Alfonso Molina segue a denominar LA Coruña, o Valedor do Pobo, designado unanimente polas tres forzas segue a dicir barbaridades sobre o galego...en fin.
O que pretendi dizer ao escrever o meu comentário, o primeiro destes todos, é que não considerava apropriado escolher Vilar Ponte para defender a ideia de que se deixassemos todos os galegos de falar a nossa língua passaria isso de "cando morre un idioma morre un pobo".
Para isso colei as frases:«Enquanto exista Portugal nom morrerá, pois, Galiza.» «Enquanto viva o português o galego nom morrerá.» que é o que eu acho que melhor explica o pensamento de Vilar Ponte.
Já agora, como não contava com este debate e quase-acusações sobre quem é que defende que cousas, deixo aqui um artigo que acho muito interessante sobre o tema de Vilar Ponte.
->http://lusografia.org/vitormei...
O artigo de Uxio está bem, eu gostei dele.
Só quis fazer referência a que Vilar Ponte não é do meu ponto de vista o mais adequado, porque ele defende que nunca morreremos como povo porque temos um República que também é "nossa" aqui ao pé.
Ah, e por certo. Eu acredito 100% na crítica da Lei de Berto.
->http://ber.to/2007/lei-de-bert...
É mais parece-me uma genialidade. A verdade é que é uma chatice que sempre se fale de língua em 70% dos artigos da net.
Mas acho que não se pode criticar a existência de debate em artigos que já nascem para falar de língua e/ou em que a primeira frase do artigo se cite a um reintegracionista (Vilar Ponte)
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, (Madrid, 1978). Licenciado en Historia pola USC, é director da revista Murguia e membro da Xunta Reitora da Fundación Alexandre Bóveda. É especialista na historia do nacionalismo galego na II República. Ten publicado diversos artigos e libros sobre esta temática