María Mariño Carou deixounos o 18 de maio de 1967. Catro décadas despois, a súa poesía segue de plena actualidade. Neste Día das Letras, Vieiros dedícalle o especial "Linme hoxe toda por dentro".
O verso encabeza un dos poemas de Verba que comenza, os poemas escritos xa baixo a enfermidade e a certeza da proximidade da morte que serían publicados postumamente. Estes días son especialmente significativos: o 17 de maio, Día das nosas Letras, dedícaselle a unha muller (a terceira, dende que se celebra esta conmemoración), que ademais viviu á marxe dos circuítos convencionais da literatura. Unha voz por veces silenciada, esquecida ou mitificada, en torno á que se teñen espallado todo tipo de elucubracións. O 18 fanse corenta anos da súa morte no Courel.
Hoxe sabemos que María Mariño Carou de certo escribiu os poemas que se lle atribúen, que tiña unha vontade de estilo, e, sobre todo, a consciencia de romper cos límites da linguaxe, coa convención, coa norma , co canon. Aborda o tempo, a morte, a anguria existencial, mesmo a análise metaliteraria e de si mesma, a introspección na súa creación e no seu eu ("Linme hoxe toda por dentro"). Este 17 de maio, podemos xogar a dinamitar os mitos e afondar na poesía de María Mariño. Velaí algúns recursos:
"Dinamitando a fala, corenta anos despois"
Um triste título para uma memória tam solene!
Muito DINAMITAIS vós a fala, com palavras como corenta!
Eu penso que a fala se dinamita utilizando palabras como AHORA, TODAVÍA, SARTÉN, ALOMENOS, SUELO, HEMOS DITO, RODILLA, TOBILLO, GRIFO, etc. Non usando o infinitivo en forma persoal, dicindo ROXO por VERMELLO, dicindo ESO por ISO, facendo perífrases con A unha e outra vez teimudamente (VOU A FACER, VAS A FACER, VAI A FACER...), etc.
Ou falando galego con acento castelán. ¿Sabedes que na TVG se rexeitaba xente por falar con "demasiado" acento galego? Polo menos na longa e interminable época do PP no goberno da Xunta.
O PP é un dos maiores elementos de destrucción do galego, digno continuador dos Reis Católicos. Agora a táctica non pode ser rexeitar abertamente o galego porque sería demasiado torpe. Teñen que dicir que defenden o "bilingüismo harmónico", mentres fan todo o posible por ir minando o idioma galego, facéndoo unha forma de falar castelán de xeito "peculiar". E outros moitos seguen o seu ronsel, participan do seu xogo.
O PP... E o PSOE... E o BNG? Não vejo que no BNG esteja a fazer mais pela língua que os outros dinamitadores.
Pois o BNG hoxe en día tamén. Basta con ver como coidan o galego os seus representantes políticos nas institucións. A dirección do BNG é, naturalmente, responsable diso. Eu acho que non fan dabondo o que tiñan que facer pola lingua, nin moito menos. Parece que non lle dan importancia.