O autor da revista Comikaze publica as súas creacións para coñecer as opinións dos internautas.
Os artistas gráficos do país séguense a incorporar á rede, que lles serve de escaparate para as súas creacións. Nos últimos tempos foron tantos os autores con blog na internet que xa case se pode falar dunha nova sección do blogomillo.
A última novidade é a bitácora de Juancho Castaño, director e creador da revista Comikaze. Nunha nota que nos envía a súa secretaria, Xoana da Crus, convida o público a deixar comentarios sobre as ilustracións e as figuras de plastilina creadas por Juancho. O enderezo do blog é http://juanchodebuxa.blogspot.com/