O vicepresidente do Goberno insiste en que os nenos aprendan o Himno en todas as etapas educativas e di que as críticas están provocadas polo "autoodio".
Quintana, este domingo en Allariz
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ratificou este luns a súa proposta de que os nenos aprendan o Himno Nacional en todas as etapas educativas, tamén de 0 a 3 anos, e atribuíu aos "complexos e ao autoodio" as críticas sobre a súa idea de popularizar a letra do poema d'Os Pinos de Eduardo Pondal, e a música composta por Pascual Veiga.
Quintana insistiu en que nas galescolas, xestionadas polo seu departamento, se pode ensinar o Himno, malia que a Consellería de Educación afirmou o pasado venres que nesa etapa non se adquirían coñecementos, nin que nos proxectos curriculares "se entraba nese nivel de detalle".
Proxecto curricular
Porén, o vicepresidente matizou que no borrador cos contidos a impartir, elaborado por Educación coa participación de Vicepresidencia no relativo ao ensino de 0 a 3 anos, "fálase de coñecer a cultura galega e os seus símbolos identitarios". Así, considerou "evidente" que o proxecto curricular avala a súa proposta, e avisou de que o seu departamento "fará todo o posíbel" para levala a cabo.
"Sempre pensei que todos estabamos no bando dos 'bos e xenerosos' e non no dos 'imbéciles e escuros", proclamou, parafraseando os versos de Pondal. "Agardo que siga a ser así, porque sería totalmente ilóxico colocarse no bando contrario", advertiu.
Actitude dos socialistas
Neste senso, no transcurso dunha festa do BNG en Allariz, Quintana amosou este domingo a súa preocupación pola actitude do Partido Socialista: "Para o Partido Popular, o himno galego é igual que un arroto".
"Dixo o señor Feijoo, que aos nenos había que ensinarlles aos tres meses a arrotar: un desprezo absoluto polos galegos e as galegas. Pois o Partido Socialista considérase na obriga de seguir polo mesmo rego e sae dicindo que hai que prohibir cantar o Himno nas escolas", afirmou.
Quintana cualificou esta actitude de "debilidade intelectual da esquerda española, disposta a se mover no marco que impón a dereita máis reaccionaria".
Avanzar no autogoberno
Por outra banda, preguntado este luns pola proposta do vicepresidente do goberno catalán, Josep Carod Rovira, de convocar un referendo sobre a autodeterminación en Cataluña para o 2014, Quintana argumentou que o nacionalismo galego, o histórico e o actual, "non entende o exercicio da autodeterminación a través dun plebiscito".
Nesta liña, expuxo que apostan por un "proceso dinámico" a través do que se vaia avanzando no "autogoberno e na autoorganización do pobo galego".
Esta polémica amosa a estupidez en grao pleno: aprenderlle aos nenos o himno ou non. Por unha banda temos aos que non andan á procura dunha letra para o seu himno, é dicir, os indefinidos cunha enfermidade crónica: a súa identidade (onde andará?). Pola outra, a un Quintana e amigotes (non todo o BNG) que solta parvadas coma estas en vez de preocuparse por exemplo de iniciar o proxecto para un novo SEG, tal e como prometera, porque si hai SEG haberá nación. Abofé que si.
E claro, o público anda ao seu e métese en temas que nin nos veñen. Cómpre un neno de tres anos saber o himno? Confórmome con que saiba contar, ler e falar en galego. Así, iremos a ben e co tempo, aprenderán o himno. Adoutrinalos como un guión de fe nacionalsita é unha trangallada. Que son pícaros, carallo!
O problema para PP e PSOE non e o hino galego. E o feito de que Galzia teña una lingua e identidade propia. Por iso teñen que rematar con todo o que non sexa a cultura española en Galiza.
Co hino asturiano por exemplo non teñen ningun problema. Este pode ser cantado mesmo por xentes de fora de Asturias. Pero a Galiza,dende sempre se lle ven negando o que se lle da a outras nazons do estado (Catalunya e Euskadi),e as que non son nazons (Valencia, Madrid, Andalucia,etc).
Da igual que sexan estatutos de primeira, cumplir a lei de normalizacion linguistica, o ensino do hino,traspaso de competenzas a Xunta,cambio da hora, financiacion,etc. Como non poden cos catalans e vascos, van contra os galeguiños, que aqui e mais facil a "doma e castracion", pq moitos (con autoodio)se deixan sos.
Xa cansa o Quintana a cirmar con iste tema, mira que non haberá cousas máis importantes nas que insistir e dar a vara... e non se dará conta que a xente vai pensar que o que quere é adoctrinar ós nenos desde o berce???, e que eso está mal visto?????, hai veces que os do BNG acabanlle a un ca paciencia con tontunas como estas que poden estar mal ou ben, pero que lle dan unha importancia excesiva, e que sempre son blanco de terxiversacións, demagoxias e demais caralladas por parte dos medios, e non aprenden os bichos....
Mira Quintana, se de verdade queres a Galicia, podes empezar a demostralo deixando de apoiar a instalación de novos parques eólicos, non triplicando o número de amarres deportivos, retirando o plan acuícola, deixando de esnaquizar a costa, non abrindo canteiras abertas en terreos emblemáticos como o Courel... xa sabes.
A ti a forza se che vai pola boca. Estades a vender Galicia aos especuladores e non creas que por cantar o himno de Galicia te diferenzas moito das políticas de Fraga.