Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Patrimonio cultural

O pazo de Meirás: unha historia de desencontros coa Xunta

Cultura paralizou no último lustro dúas obras que a familia Franco pretendía executar sen permiso.

Redacción - 11:09 03/09/2007
Pazo de Meirás / Flickr: edans

Pazo de Meirás / Flickr: edans

Agora que a Xunta está pendente dos tribunais para poder acceder ao pazo de Meirás, sábese que non foi este o primeiro conflito que mantivo a familia Franco co Goberno por mor do predio. A Consellaría de Cultura suspendeu dúas veces en cinco anos obras executadas sen permiso no pazo. En ambas as ocasións, a familia da duquesa de Franco non solicitara a autorización que requiren os bens catalogados e con protección integral.

A primeira actuación paralizouse en outubro de 2002, lembra na súa edición do luns La Opinión. Daquela, construíronse unhas columnas de cemento no lugar dun portal cun arco de pedra supostamente do século XVI. A Dirección Xeral de Patrimonio ordenou a interrupción dos traballos despois dunha denuncia veciñal, ao comprobar que carecía de licenza, aínda que os promotores seguiron adiante coa obra.

En xaneiro de 2004 comezouse a construción dun muro de contención entre a muralla exterior da finca e as torres sen ningún tipo de permiso nin de licenza. Tamén se acometeron outras reformas para preparar o pazo de cara a uns eventos da familia Franco: unha comuñón, unha voda e unha pedida de man. Esta segunda paralización foi máis polémica, pois tanto a Xunta como o Concello tiveron que insistir varias veces.

O Goberno espera que o xuíz lle conceda autorización para acceder ao pazo de Meirás, despois da negativa da familia a permitirlles a entrada aos técnicos de Cultura. A consellaría precisa dunha inspección para poder declarar o predio Ben de Interese Cultural. Con ese recoñecemento, os donos do pazo estarían obrigados a facilitaren a visita pública gratuíta durante catro días ao mes.


4,22/5 (9 votos)

Comentarios (9)

BonKarallan #1 3/Setembro/2007 BonKarallan

Eu inspeccionaría ben, a ver se se está preparando aí dentro un golpe de estado.

BonKarallan #2 3/Setembro/2007 BonKarallan

unha comuñón...ostias
unha voda e petición de man... alguén en estado.

ostias + estado = golpe de estado.

Gueceteiro #3 3/Setembro/2007 Gueceteiro

Xa vai sendo hora de expropiar todo o que pertenza a familia Franco, estamos cansos de que nunca carguen coas culpas de nada.

ulo #4 4/Setembro/2007 ulo

Expropiacion. Esta é a unica solucion. Calquera outra saída é a de consensuar coa familia do xenocida.
O xenocidio é un delito contra a humanidade, imprescriptible.
Se a os narcos se lles expropia sen nengún problema (sic) os seus pazos, porque a un xenocida do calibre de Franco no se lle fai o mesmo.
Ou o PP, o rexime da monarquía, Ares e demáis tardofranquistas teñen máis poder do que parece; e os nosos representantes da "esquerda" non son quen de pór orde.
Non será que ha un pacto para garantír as propiedades dos que roubaron. Porque Franco e a súa familia son uns deles; mais foron moitos os que roubaron o longo da dictadura.
Non será que teñen medo que si expropian aos Franco, logo virán outros moitos que fixeron as súas fortunas baixo o paraguas do franquismo?.
Este é o problema.
Polo tanto, por saúde democrática para a poboacion: expropiación xa mesmo. E cos Franco veraneen onde teñen que veranear, nas prisions como complices dun delito contra a humanidade, o xenocidio.

Barcelos #5 9/Setembro/2007 Barcelos

www.esquerdaunida.org/downloads/meiras.pdf

Barcelos #6 9/Setembro/2007 Barcelos

www.memoriacatalunya.org/articles/Breve%20do%20PAZO%20DE%20MEIR.htm

Barcelos #9 9/Setembro/2007 Barcelos

Á vista disto, parece unha autentica tomadura de pelo, que despois de 30 anos da morte de Franco ainda se diga hoxe que o Pazo de Meirás foi un regalo do pobo da Coruña a Franco.

Foi un auténtico robo e un golpe de Estado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: