Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA REMITILAS AO PARLAMENTO

En nuncamais.org recollen sinaturas contra o 'plus' dos altos cargos

"É un insulto e un desprezo aos cidadáns" aseguran os promotores da iniciativa, que gaban as críticas lanzadas por Encarna Otero.

Redacción - 14:21 04/09/2007
Logotipo da campaña contra o 'plus' aos altos cargos

Logotipo da campaña contra o 'plus' aos altos cargos

O sobresoldo que cobrarán os funcionarios galegos que ocuparon altos cargos na administración segue a recibir ataques de diferentes colectivos sociais. Un dos primeiros foi a CIG, e agora é un grupo de cidadáns o que se mobilizan a través da web Nuncamais.org. Dende esta páxina recollen sinaturas en contra da polémica subida dos 15.000 euros.

Quen está detrás da mobilización?

Os promotores do sitio web deixan claro que, malia o dominio empregado, nada teñen que ver coa Plataforma Nunca Máis, que se mobilizou contra o Prestige pois “onde hai partidos e sindicatos non hai cidadáns”.

Os organizadores acusan a PSdG e BNG de aprobar unha subida á que se opuxeron cando estaban na oposición e gaban a Encarna Otero, a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, que a través de Vieiros se pronunciou en contra do famoso 'complemento'.


Polo de agora Nuncamais.org recolleu unhas 150 sinaturas en tres días. A súa intención é remitir esas firmas ao Parlamento de Galicia para tirar abaixo a “desfeita” aprobada a través da na nova Lei da Función Pública.


4,5/5 (18 votos)

Comentarios (8)

maeloc_gz #1 4/Setembro/2007 maeloc_gz

Coidado con esta gente, e nom o digo pola justiça da vindicaçom, se nom por frases como esta: "non temos que ver ca mal chamada plataforma cidadá NUNCAMAIS, porque onde hai partidos e sindicatos non hai cidadáns", a qual denota umha concepçom mui "livre" de como se deve estruturar a sociedade galega...

Pessoalmente aguardo que se forme outra plataforma que vindique algo similar, já que utiliçar o nome de NUNCAMAIS se nom se tem nada a ver com el parece-me quando menos, suspeitoso.

emigrado #2 4/Setembro/2007 emigrado

Independentemente de quen promova isto, a campaña é xustificadísima, máis cando se acaba de saber que o ano pasado marcharon de Galicia 75.000 moz@s por falta de traballo. A comparación pode ser demagóxica pero é clarificadora de onde está a Galicia real e onde andan os políticos.

http://www.lavozdegalicia.es/g...

maeloc_gz #3 4/Setembro/2007 maeloc_gz

Nom sei quem é o paisano e tudos os respeitos cara el. E nom estou dizindo que tenha-mos que aguardar por padrinho algum. Simplesmente que cuando apoio umha iniciativa gosto de estar informado das 5 w´s , a)para non perder o tempo, b)para que ninguem use a minha firma da maneira que lhe pete e c)para realmente estar fazendo algo sério em contra desta cacicada e que nom quede todo numha discussom anecdótica e improdutiva.

Se se enceta umha campanha na rede, nom costa nada estender-se um pouco mais e explicar bem as cousas, cousa à que nom ajudam frases como que "nom se cre na organiçaçom sindical" (seja qual seja) ou a utiliçaçom do nome de "NUNCA MAIS". Assi que, tal e como nom lhe dou a minha firma a qualquera que vaia pola rúa injustificadamente de momento mantenho-me cauteloso.

Se realmente demonstram que é algo sério e comprometido, retiro todo o anterior e pido desculpas. Um saúdo.

emigrado #4 4/Setembro/2007 emigrado

Maeloc_gz

Concordo ao 100%.

ecoe #5 4/Setembro/2007 ecoe

millor terían que dicir que onde hai súbditos non hai cidadáns, ou ben pouco estudaron o asunto cidadán tan de moda, tan interclasista, tan pouco centífico. A ver si van ser dos polancóns!

marinela #6 4/Setembro/2007 marinela

pois a min pasóume como a maeloc
eso de q se esforcen tanto en deixar ben claro q non teñen nada q ver coa plataforma nuncamais, e, sen embargo, utilicen o seu nome sen despeitearse...chéirame un pouco

chou #7 5/Setembro/2007 chou

non penso que sexa xogo limpo o nome da plataforma...

charino #8 6/Setembro/2007 charino

Non, efectivamente foi máis xogo limpo o do Bloque co Nunca Máis, ata que chegaron as eleccións, e había que desfacerse deles.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: