Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil

Edición xeral

RSS de Edición xeral
Plan de Bush para a "transición" cubana

"EUA non permitirá en Cuba un intercambio de poder entre os Castro"

O presidente estadounidense, nun discurso previsto para este mércores, lanzará unha advertencia ao goberno da illa, e ofrecerá aos seus habitantes a súa "cara máis humana".

Redacción - 12:35 24/10/2007

O presidente dos Estados Unidos de América, George Bush, ofrecerá este mércores un discurso dirixido ao país veciño, Cuba.

Segundo informa o diario The New York Times, o mandatario estadounidense lanzaralle unha severa advertencia ao goberno da illa: "EUA non aceptará unha transición política en Cuba, na que haxa unha transferencia de poderes dun irmán Castro ao outro (Fidel e Raúl), en troques de ao pobo cubano".

De ser así, os Estados Unidos manterían a súa política económica actual coa illa, é dicir, o embargo e bloqueo das súas transaccións comerciais con Cuba, así como as sancións a aquelas empresas nacionais ou transnacionais que por terceiras vías puidesen ter comerciado co país caribeño.

"Hai unha nova Cuba para ti"
No entanto, George Bush ofrecerá a súa "cara máis humana" cando se dirixa ao pobo cubano, dándolles folgos para que "continúen a resistir", e comunicándolles que "pronto terán que facer unha elección, entre a liberdade ou a represión dun réxime moribundo".

A policía e o exército de Cuba tamén serán obxecto do relatorio de Bush, aos que está previsto que lles diga que "hai un lugar" para eles "nunha nova Cuba".

5/5 (1 votos)

Comentarios (23)

Gaviotero #1 24/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Confiemos en que los EE.UU. no permitan, efectivamente, el mantenimiento de esa dictadura asquerosa que sin embargo algunos aduladores del totalitarismo (siempre que sea de izquierdas, por supuesto) querrían mantener e incluso proponer como modelo a seguir.

carlinhos77 #2 24/Outubro/2007 carlinhos77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ti preocupa-te da gente do teu partido que anda a dizer q a dictadura franquista foi umha epoca placenteira e de relax, nom pode-des dar leçons de democracia a ninguem, so estades interesados no poder e nos cartos, presentas-te letra para o voso imno, aqui os unicos asquerosos sodes vos
VIVA A REVOLUçOM POPULAR, ABAIJO A DICTADURA DO CAPITAL

BonKarallan #3 24/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavi Bush = demócratas do carallo

Por certo vede a "cara máis humana" de Bush

http://www.toposolitario.com/b...

o

http://www.mydigitallife.info/...

BonKarallan #4 24/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.ukuleleman.net/uplo...

a derradeira

baltar69 #5 24/Outubro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o meu veciño sergio aparece moito pola portada e, recostándose nun lateral, fálame con parsimonia da leña que estou picando, do esterco que ando arrancando, da escaleira que estou facendo ou do chan que ando limpando. colócase ben contra a pedriña do dintel e inicia as súas peroratas, logo de pasala vista polo patio en busca de algo que criticar. eh, esa leña había que tronchala antes... ese esterco é moito hora de sacalo...etc,etc. pero aínda o día da data nunca se lle ocurriu a este santo varón, a este gran defensor da democracia aznarista, coller outra picaña ou agarrar unha paleta e botar unha man.
eso sí, como vexa que deixo a cousa a medias, pronto se encargará de espallalo pola parroquia. e como me despiste e non dé pagado os xuros en hora, el será o primeiro en tratar de quedarse co meu. non é paloma nin gaviota; é máis ben abutre. e así funciona o occidente democrático con relación a cuba.

eugalego #6 24/Outubro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A democrácia dos USA:
-Hiroshima.
-Nagashaqui.
-"Wounded Knee".
-Guantánamo.
-Abu Ghraib.
-Napalm.
-Rádio-Televissom sérbia...

ecoe #7 24/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Guatemala, Brasil, El Salvador, Nicaragua, Viet Nam, Honduras, Texas, California (México), Chile, Cono Sul Americano, Irán (Persia), i$$ra€l, Colombia...xa se sabe: EXTENDENDO FORZOSAMENTE A "DEMOCRACIA" POLO MUNDO, e van dous séculos de ininterrumpida extensión democratizadora!

ecoe #8 24/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora que eso sí: NON PODEN VER UNHA "DICTADURA", por eso non tragan Cuba, Venezuela ou calquera país resistente ó imperialismo (Viet Nam, Iraque, Palestina...). Lástima que SEXAN eses países-dictadura SEMPRE ANTIMPERIALISTAS, SOBERANOS, CON FORTE PROTECCIÓN DOS SEUS CIDADÁNS (sociais e económicas), etc.

Nas dictaduras a población non DECIDE QUENES SON OS CANDIDATOS a elexir, EN CUBA SÍ.

ecoe #9 24/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Gobernador Richardson de Nuevo México, aspirante a candidato demócrata ás presidenciais, contesta que o fracaso de 40 anos de política dura é obvio e o bloqueio (SÍTIO POR TERRA, MAR E AIRE)foi xa un fracaso.

Electoraleiro, para Miami beach e aledaños,o VERDUGO, GOLPISTA E DICTADOR BUSH (ramallo) debe estar preocupado polos éxitos cubanos como a Escola de Medicina ou o Batallón Médico Reeve de desplegue rápido para catástrofes no mundo, ou da Operación Milagro (devolución da vista a ducias de miles de latinoamericanos). Por iso lle "chama" "dictadura" (e OUTROS, tamén lle "chaman")

trapalleiro #10 24/Outubro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non si xa están cos dentes largos para poñer outro Batista e apoiar os totalitarismos que lle conveñen para encher os seus bandullos de porcos,ou inventarse unhas cantas guerras ou invasions e aqui non pasou nada e o PP a apoialos coma os primos parvos

C29 #11 24/Outubro/2007 C29
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, para totalitarismo de verdade já temos o do imperialismo, e para terrorismo pata negra, o de Bush e o seu "entorno". Nom confundamos as vítimas com os seus verdugos, etc, etc.

C29 #12 24/Outubro/2007 C29
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, liberdade para os cinco antiterroristas cubanos presos nos cárceres gringos.

xaviersouto #13 24/Outubro/2007 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.unesco.org/courier/...

crunha #15 25/Outubro/2007 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen embargo non lle vai "advertir" nada ao goberno da China claro.
Xa, a democracia non importa sempre que deixen facer negocio$.
E por certo, non estou de acordo co réxime cubano, pero penso que é mellor vivir en Cuba (mesmo como opositor) que na maioría de paises do seu contorno centroamericano.

condedecotobade #16 25/Outubro/2007 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cuba é unha dictadura e Castro é un dictador responsábel de moito do que lle pasa aos cubanos. Pensar así non significa estar a prol da política internacional ianqui, nin moito menos. O dos logros do sistema cubano nos últimos anos me parece un pouco forzado de máis. A situación económica é pésima e o único que o salva é o turismo occidental.

teixugo #17 25/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já estive em Cuba, conhezo algum que outro cubano em ocidente e... a mais de um, que muito criticam, vai lhe chegar ao cravo o modelo prospero capitalista... tempo ao tempo. De qualquer jeito, fora as maõs yankis de Cuba.

BonKarallan #18 25/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Onte en TV saíu o borracho de Bush dicindo en español "Viva el cuba libre"

ecoe #19 25/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai cen mil indicadores do que ocorre en Cuba, e moitísimos de organismos internacionais (nada propensos). Presenta ti eses teus datos tan ocultos que se nos negan ás xentes preocupadas por Cuba.

ecoe #20 25/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chapeau, Cuba, e Cuva vai!

Esta é parte da resposta que lle dou o chaceler cubano de Exteriores Pérez Roque:

Após comentar as "iniciativas, o chanceler detalhou os doze pontos "do que deveria propor o presidente norte-americano como agenda" à Ilha:

Respeitar o direito dos cubanos à independência e à soberania.

Fim imediato de sua política de agressão e ameaças.

Deixar de intervir nos assuntos internos de Cuba e de tentar criar uma oposição interna.

Suspender as ações subversivas contra Cuba e a guerra radiofônica e televisiva contra nosso país.

Pôr fim imediato ao bloqueio.

Eliminar a proibição aos norte-americanos de viajarem a Cuba e das visitas dos familiares dos cubanos que moram lá.

Deixar de instigar à emigração ilegal. Anular a Lei de Ajuste e cumprir os acordos migratórios.

Pôr fim às agressivas campanhas de difamação, às quais destinam como nunca somas avultadas.

Liberar os Cinco lutadores antiterroristas, presos políticos nos cárceres norte-americanos.

Extraditar para a Venezuela ou julgar nos Estados Unidos o terrorista Luis Posada Carriles.

Fechar imediatamente o centro de torturas na base naval de Guantánamo.

Fim das pressões sobre a comunidade internacional a fim de apoiar sua política contra Cuba.

Pérez Roque reiterou que Bush não conseguirá seus desígnios contra Cuba. "Não há força humana nem natural no mundo capaz de fazer desistir os cubanos de seus sonhos de justiça, de liberdade e de independência. Somos uma Revolução vitoriosa e ganhamo-nos o respeito de todos eles".

ecoe #21 25/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chapeau, Cuba, e Cuba vai!

COUTOVEN #22 27/Outubro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que forma máis cómica teñen algúns de ver o intervencionismo.
Cando USA mete o seu nariz noutros países en nome da democracia “segundo eles para xustificarse” desde a esquerda acúsaselles de INTERVENCIONISMO. Cousa que comparto totalmente e os exemplos sobran.
Pero, cando un país como Cuba mete os seus narices noutros países en nome do socialismo e a xustiza social “segundo eles para xustificarse” a iso chámaselle INTERNACIONALISMO.

O que non podo entender é que dependendo que se fale de pensamento de esquerda ou de dereita as cousas pasen de boas a malas ou todo o contrario.

Na Cuba de hoxe en día invócase ao bloqueo como a causa de todos os males e parece que ningún dos que din isto coñecese que os hoteis, locais nocturnos e praias en Cuba están repletos de turistas españois, canadenses, italianos e franceses. De certo que o único bloqueo que se ve é o que teñen os habitantes da illa a poder acceder a tendas, hoteis, restaurantes e centros asistenciais “SÓ PARA TURISTAS” Será unha sorte de castigo contra o capitalismo?

Quen se queira enganar que se engane. Cuba hase entrometido en países como Venezuela para brindarlle na actualidade apoio a un militar golpista que o 04 de febreiro de 1.992 que utilizo as armas da súa nación para intentar derrocar un goberno democrático. Situación repudiada no seu momento polo propio Fidel xa que para ese tempo Venezuela vendíalle petróleo a prezos preferentes (pacto de San José). Cando hai mortos e aténtase contra o estado de dereito só basta con proclamarse socialista para ter indulxencia plenaria?

O pobo Venezolano sempre foi solidario con Cuba a pesar que esta intento a invasión de Machurucuto contra o presidente Raúl Leoni e apoio a guerrilla de esquerda contra gobernos democráticos, mentres en España padecían a férrea Ditadura Franquista.
Hoxe en día Venezuela corre o risco de perder o pouco de democracia que lle queda a mans dun sátrapa como Chávez grazas ao apoio de Fidel. Por certo nada desinteresado.

O certo é que en Galiza e en España sobran as persoas que apoian a este ditador polo só feito de dicir que é revolucionario e financiar a intelectuais e medio de comunicación para que vendan as súas conciencias. Mentres que en Venezuela moitos militantes socialistas que pelexaron polas súas ideas mentres Chávez exercían como militar e posterior golpista son perseguidos por disentir do seu pensamento fascista.
Se un declárase revolucionario e socialista en Venezuela. Ten a liberdade de perseguir e segregar ás persoas facendo uso da LISTA TASCON. Se pola contra es de dereita pasas de inmediato a identificarche como fascista. Que verdade tan maniquea?

ECOE ten vostede a menor idea que é a LISTA TASCON e para que serve? Xa que sabe tanto de Venezuela e de Chávez explícao ao resto dos lectores.

De tal xeito que se USA interfere nos asuntos de Cuba de Raimundo e todo o mundo claro que está mal. Pero se Cuba métese nos asuntos doutros países é peor xa que a miseria da poboación cubana financia esta aventura intervencionista que para algúns prefire definila como INTERNACIONALISMO.

Porque non preguntan a opinión da comunidade Galega en Venezuela e Vieiros facendo palabra certa o que pregoa en “Que é Vieiros? “.

BonKarallan #23 27/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero quen se cre que é Bush para non permitir intercambios entre os Castro. Un castrón?

Pois os Castro van permitir o intercambio de poder entre Bush e Hillary Clinton.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:

Locais:
GZ-Sete