Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fin da polémica co alcalde Abel Caballero?

Touriño avanza que haberá área metropolitana Vigo-Pontevedra

O presidente anuncia que esta e a que abranguerá A Coruña-Ferrol se presentarán antes de finalizar o ano.

Redacción - 18:10 19/11/2007
Touriño, co alcalde da Coruña, Xavier Losada, este luns

Touriño, co alcalde da Coruña, Xavier Losada, este luns

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, confirmou este luns que as directrices de ordenación que a Xunta presentará a final de ano, incluirán as áreas metropolitanas con A Coruña e Ferrol, no norte, e con Vigo e Pontevedra no sur.

Deste xeito, Touriño rebate nunha visita institucional á cidade herculina a aposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que até o de agora mantivera que a futura Área Metropolitana de Vigo se crearía, tal e como anunciou na campaña electoral, con 28 municipios en torno á cidade olívica entre os que non estaría Pontevedra, e cun presidente que sería o alcalde vigués.

No caso da Coruña, a cidade "estenderá a súa capacidade de vertebración" até incluír Ferrol e Carballo, cun espazo para concretar as "grandes infraestruturas" xa que, segundo sinalou, "hai que pensar máis alá dos espazos supramunicipais e sumar as grandes cidades".

En consecuencia, Touriño opinou que o debate non debe ser nominalista, xa que o importante é "pensar máis alá dos concellos e centrarse nas masas críticas que permiten gañar en espazo económico, social e cultural para ser competitivos nun mundo global".


0/5 (0 votos)

Comentarios (6)

emigrado #1 19/Novembro/2007 emigrado

Ten algún sentido anunciar unha área metropolitana que ten en contra o alcalde do maior concello desa área e a boa parte dos "líderes sociais" e poboación?

Colazo #2 19/Novembro/2007 Colazo

emigrado, a postura de Caballero é persoal e non era(non sei se o é) a do psoe vigués

emigrado #3 19/Novembro/2007 emigrado

Colazo eu non entro a valorar se a postura de Caballero é mellor ou peor, o certo é que é o alcalde de Vigo e está en contra desa área. A postura do psoe vigués? a que lle digan o que ten máis poder... desde cando o psoe vigués ten opinión en nada...

Barcelos #4 19/Novembro/2007 Barcelos

E a iso chámanlle area metropolitana Vigo-Pontevedra.
28 municipios abrigando a cidade olívica...

E onde van pór a muralla, para separar ben separada á "aldeiña" de Pontevedra?

Máis que Abel Caballero, semella "Caín Villano"

RiQee #5 20/Novembro/2007 RiQee

Alguén me pode dicir para qué (carallo) serve a área metropolitana?Qué resolve respecto a Deputacións, mancomunidades e concellos?Estarán tódolos concellos en áreas metropolitanas(vila de cruces, por exemplo)?será voluntaria ou obrigatoria a participación nunha área metropolitana?
Máis burocracia, para qué?xa sobran as deputacións(principal foco de caciquismo municipal)para que crear outro...?

ulo #6 20/Novembro/2007 ulo

RiQee o que sobran, ademáis das diputacions, verdadeiros "chiringuito" da subvencion, son os reinos de taifas que son os concellos. Se a diputacion é un "chiringuito" da subvencion, o concello é o refuxio do especulador da construccion.
A Xunta é comarcalizacion, que no caso de A Coruña-Ferrol, Vigo-Pontevedra e área de Santiago, que é a maneira, polo desenvolvimento urbano, de facer a comarcalizacion.
E comarcas en Valdeorras, a Mariña Lucense, o Barbanza, ou a Costa da Morte, ou o Deza, por pór algun exemplo.
E os concelliños que só serven para que os alcaldes vivan da especulacion e a subvencion. FORA XA.
A Xunta e as comarcas-áreas metropolitanas no caso das cidades, e chega.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: