Jaume Roura e Enric Stern non puideron expresarse en catalán durante o xuízo, por prohibición do xuíz.
Segundo a Audiencia Nacional, os dous mozos participaron o pasado 13 de setembro nunha queima de fotografías de El-Rei na praza Del Vi de Girona. Nun comezo a fiscalía pedía un ano e tres meses de prisión, mais despois a pena rebaixouse a unha multa de 5.460 euros a repartir entre os dous.
Non lles deixaron falar catalán
Segundo conta o diario dixital catalán, Vilaweb, nada máis comezar a vista, o xuíz José María Vázquez Honrubia prohibiulles aos acusados expresarse en catalán, argumentando que "un cidadán español de trinta anos coñece e fala perfectamente o castelán".
Polo seu lado, os dous acusados admitiron ter queimado as fotografías dos Borbóns, mais dixeron que o acto formaba parte dunha "protesta simbólica e pacífica". Ás portas da Audiencia Nacional había unha concentración de apoio, e na xornada da segunda feira, á tardiña, houbo ducias de concentracións a favor da absolución dos dous mozos en varias cidades do Estado.
Non é o único caso aberto contra a queima de imaxes de El-Rei
Hai aínda outro proceso aberto pola queima de fotografías dos reis que leva o xuíz Fernando Grande-Marlaska contra outros 18 mozos que participaron nunha concentración, tamén en Girona, o 22 de setembro. Tamén están imputados por inxurias á coroa, mais 17 deles como autores, e un só como indutor.
En relación a este outro proceso, a organización Alerta Solidària acusa aos Mossos d'Escuadra de facer as detencións en relación aos ficheiros políticos que posúen (prohibidos pola lei), posto que naquela outra concentración participaron unhas 50 persoas, e só 18 foron identificadas; curiosamente as que tiñan algún tipo de militancia política.
Fica claro que na Espanha nunca vai haver justica nem democracia. Fica apenas umha saida: a independencia.
Eu acabo de queimar uma foto do "El-Rei" esse na rua, agora mesmo.
E por que non condenan aos que queiman fotografías de Carod Rovira en Madrid? Porque penso que, como dita a "Constitución" todos os homes en España teñen igualdade de dereitos. Entón, o rei non é un home?
A má idea que tinha o juiz. Finalmente si declararom os cataláns na sua língua mália as tentativas do juiz com argumentos que eles tinham o dever de saber o espanhol (mas esquecendo que nom tenhem a obriga de usa-lo), que estavam numha comunidade que nom tinha o catalám como lingua co-oficial quando nom forom os cataláns os que pedirom que se os julga-se em Madrid por algo acontecido em Catalunha, e pedindo-lhe ao fiscal que preguntara com formulaçons que só necesitaram um si ou nom na resposta, que isso era igual em todas as linguas do estado menos o basco lembrou despois, (suponho que o NOM galego si será comprensível para eles, mentes preclaras repartidoras de justiça). O feito que os cataláns figeram respostas cumpridas em catalám sem que finalmente o juiz chamara a tradutores (e já que logo implicando que ,evidentemente, o juiz si comprendia o catalám) demostra a quantidade de prejuiços e odio que os espanhois sentem por todo o que sobarde o conceito da Espanha imperial-castelá.
Som os melhores propagandistas do independentismo galego.
Estas inxustizas combátense cunha "gran cremat".
Fagamos como fixo Ghandi cando protestou contra as pezas europeas. Collamos todas as fotos monárquicas e fagamos unha gran fogueira.
Galiza será un gran cárcere anti-monárquica.
A min o de que non lles deixen falar catalán paréseme mal, pero que os multen non lles ben mal. O que hai que faser é traballar e deixar o porro prá fin de semán.
E como non vai haber unha conta aberta para colaborar... "Hem obert un compte corrent solidari. Col·labora-hi! 2100 0278 05 0101602667"
plantar lume as fotos custa 2700 €
facer un debuxo do pailan do principe dandolle polo cú a trepa esa 3000€
o atentado contra a liberdade de expresion no ten nome
e o do xuiz a non aceptar que falasen catalá tampouco.
uma reflexom...
alguén caiu en que @s independestistas galeg@s fan iso e non lles fan nada de caso?
"s@m@s galeg@s en n@n n@s entendem@s"
Paréceme indignante que non lles deixaran falar catalá no xuízo, supoño que se podería recurrir un caso así, pois vulnera un dereito fundamental de expresarse nunha das linguas constitucionais do Estado e cooficial en Catalunya, pero en fin, a xudicatura está tomada polo Opus, que lle imos facer...
¡¡¡Bien por la Justicia española y bien por la condena!!! Que se jodan...
Es curioso ver como a los mismos fascistoides totalitarios a los que les parece mal que no les dejaran hablar en catalán, les parece sin embargo perfecto que no se deje utilizar el castellano en Galicia...
¿No decís eso de que en Galicia en gallego y en "Castilla" en castellano? Pues hala, en Castilla a joderse y hablar castellano...¡jajaja!