Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Compostela contra Boloña

A Asemblea Xeral de Estudantes maniféstase contra a privatización da USC

Convocaron unha manifestación que percorreu as rúas da zona vella Compostela, contra a privatización da universidade e a súa introdución no sistema europeo.

Redacción - 14:37 04/12/2007

A Asemblea Xeral de Estudantes da USC convocou para esta terza feira 4 de decembro unha mobilización contra o Plano de Boloña e a privatización do ensino público. Partindo ao mediodía da Praza de Cervantes baixo o lema "Boloña é a nosa ruína", os manifestantes percorreron parte da zona vella até chegar ao Reitorado, escoltados por varios antidisturbios, onde chamaron polo reitor, Senén Barro, ao que acusan de ser a man que introduce as empresas na universidade.

"Boloña é a nosa ruína!"
Nun seu comunicado, os estudantes sinalaban os puntos máis escuros de Boloña: a introdución do capital privado nas universidades (control por parte da banca e das empresas privadas, ao tempo que diminúe o gasto público nelas); a elitización do estudantado (a través da eliminación de antigas lexislaturas e a súa substitución por graos e posgraos, que non todo o mundo pode pagar e que terminan por ser determinantes, segundo os estudantes, para o acceso a un posto de traballo digno); a creación das bolsas de empréstito (mecanismos de empréstitos-renda, que traen consigo un compromiso de pagamento futuro, isto é, que deben ser devolvidos polos mozos que se hipotecan para acceder a estudos de posgrao); a elitización das universidades, que competirán no terreo europeo polo capital económico (o ensino convértese nunha mercadoría, que ten seus clientes nas empresas e nos estudantes); os créditos ECTS, homologados para o espazo europeo (para a asemblea, isto significa pasar a ser considerados como traballadores, xa que se toma como base para elaborar os horarios as xornadas laborais de 40 horas semanais estabelecidas e cronometradas polos ECTS); a homoxeneización dos pobos, o chanzo ultimo da globalización, tamén na universidade (aos estudantes preocúpalles a supervivencia da diversidade cultural, xa que entrar nun ensino único europeo significa eliminar os trazos diferenciais dos pobos de Europa, polo que o ensino en galego podería chegar a ser ollado como non rendíbel polas empresas).

Esta manifestación uniuse a varios actos que se desenvolveron todo este outono nas tres universidades galegas (folgas, concentracións, magostos reivindicativos, etc).


4,45/5 (11 votos)

Comentarios (2)

mceleiro #1 4/Decembro/2007 mceleiro

A que se montou com a LOU e agora Bolonha entra com vaselina!. Naquela alutura tinha razão o PP, os sindicatos de estudantes estão manipulados pelo PSOE e BNG.

Só se move algo se há eleições à vista, puta miséria estudiantil !!!

http://sindominio.net/ash/mise...

charino #2 4/Decembro/2007 charino

O que está claro e que no rectorado da USC os chamados representates das esquerdas, nos que se encontra xentes sobranceiras do BNG, como Lourenza Fernández Prieto, Xoan Carlos Carreira, Elías Torres, etc., foron incapaces de facer unha mínima reflexión sobre Boloña, e o que supón as reformas dos plans de estudios. O seu interese é exclusivamente chegar e manterse no poder. O resto dalles igual. Xentiña...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Momento no que a manifestación chegaba ás portas do reitorado, na Praza do Obradoiro
Momento no que a manifestación chegaba ás portas do reitorado, na Praza do Obradoiro
Durante toda a manifestación os estudantes foron seguidos por varios antidisturbios
Durante toda a manifestación os estudantes foron seguidos por varios antidisturbios
Outro momento, fronte á sede do reitorado, no Pazo de San Xerome
Outro momento, fronte á sede do reitorado, no Pazo de San Xerome