Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: universidades

13/Marzo/2008 /

Industria inviste 240.000 euros en tres oficinas universitarias de software libre

Os centros estarán coordinados co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.


18/Decembro/2007 /

1.445

É o número de estudantes no mundo remunerados por Microsoft para propagar a boa palabra nas súas universidades


4/Decembro/2007 /

A Asemblea Xeral de Estudantes maniféstase contra a privatización da USC

Convocaron unha manifestación que percorreu as rúas da zona vella Compostela, contra a privatización da universidade e a súa introdución no sistema europeo.


29/Novembro/2007 /

Máis cartos para as universidades, pero tamén máis control do gasto

A Xunta incrementará ao 1% do PIB a inxección económica nos campus do país e ao tempo deseñará indicadores de "rendemento" cos que penalizar ou premiar as institucións.


7/Novembro/2007 /

Adíase a guerra das universidades polas titulacións

Ás tres institucións do país tócalles ser capaces de poñérense de acordo para axustar o novo mapa universitario. Educación dáse prazo até 2011 para mediar na batalla.


18/Outubro/2007 /

Seguirán a estudar galego en Barcelona, Euskadi, Birmingham, Varsovia, Berlín e Cork

Política Lingüística renovou a colaboración con dúas universidades estatais e catro estranxeiras para continuar co ensino da lingua e cultura galegas nos seus plans de estudo.


27/Setembro/2007 /

En Alacante, Murcia e A Sorbona seguirá a ofertarse lingua galega

Os alumnos destas universidades poderán escoller o galego dentro dos seus plans de estudo. Coa renovación desta acordo, son 43 os centros do mundo onde se pode estudar a nosa lingua.


25/Xuño/2007 /

Educación eliminará dos campus as titulacións "duplicadas"

Os criterios "políticos e localistas" que deron en titulacións repetidas en varios campus darán paso a unha reorganización da oferta, segundo explicou a conselleira de Educación.