Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Cultura entrega o dossier da Torre de Hércules para a UNESCO

O informe inclúe un completo estudo arqueolóxico e histórico da Torre e do seu contorno.

Redacción - 12:15 25/01/2008

O dossier que a Consellaría de Cultura remitiulle ao Ministerio este venres deberá ser agora reenviado á Unesco. A mediados de 2008 o organismo internacional decidirá se admite a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade, visitando a seguir Galiza para avaliar in situ a proposta. A resolución sería definitiva a mediados de 2009.

O dossier que agora se entrega inclúe un completo estudo arqueolóxico e histórico da Torre e do seu contorno, e un diagnóstico previo das patoloxías que presenta o monumento desde o punto de vista da conservación. Completan o dossier un apartado bibliográfico extenso, con abundante material escrito e audiovisual, e unha ampla documentación gráfica, con numerosas fotografías e planimetrías. Este material ten por obxectivo resaltar a importancia histórica e cultural da Torre e dar a coñecer amplamente os puntos fortes da candidatura. A documentación complementa a que xa foi enviada no seu día, cando en outubro de 2007 o Consello do Patrimonio Histórirco Español escolleu a Torre como unha das dúas candidaturas que o Estado presentará á UNESCO.

En xuño, simposio internacional na Coruña
A comezos de xuño A Coruña acollerá a comezos de xuño un simposio internacional sobre Faros Romanos e Navegación na Antigüidade. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural está a preparar o programa, que reunirá en Galiza a importantes expertos europeos en historia antiga, arqueoloxía clásica e arquitectura, baixo a coordenación de Carmen Fernández Ochoa, catedrática de Arqueoloxía da Universidade Autónoma de Madrid.


2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: