Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo estudo, impulsado por Méndez Romeu

A Xunta segue a apostar por incluír Pontevedra e Vigo na mesma Área Metropolitana

Un informe presentado este venres polo conselleiro de Presidencia propón que esta organización territorial conte con 18 municipios e se basee nos consorcios.

Redacción - 18:30 25/01/2008
O conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu

O conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu

O conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, presentou este venres o estudo Delimitación da Área Metropolitana Funcional de Vigo, editado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que contempla a inclusión de 18 concellos entre estes o de Pontevedra.

Ademais aposta pola potenciación dos consorcios por ser o xeito "máis axeitada para a xestión de servizos públicos coma o transporte, o abastecemento da auga, os servizos sociais ou a protección civil", segundo Xabier Ferreira, secretario xeral da Vicepresidencia, e autor dun capítulo sobre aspectos xurídicos da área metropolitana.

Outro dos autores do informe, o profesor de Economía da Universidade de Vigo Santiago Lago, explicou que o número de municipios que deben conformar a de Vigo depende da perspectiva con que se aborde a cuestión, aínda que en todo caso concluíu que "sempre saen Vigo e Pontevedra dentro".

En concreto, o estudo considera que a Área Metropolitana de Vigo comprendería, ademais deste, outros 17 municipios: Baiona, Bueu, Cangas, Gondomar, Marín, Moaña, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Redondela, Soutomaior, Tui e Vilaboa.

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, avogou en varias ocasións por estabelecer unha área metropolitana de 28 municipios, entre os que non estaría o Concello de Pontevedra. A proposta do PPdeG tampouco o incluía e cinguíase a 14 concellos.

Oposición das deputacións provinciais

Méndez Romeu afirmou que "todas as experiencias previas en España fracasaron, sen excepción", polo que avogou por "aprender das causas dese fracaso". Así, advertiu de que para que as áreas metropolitanas saian adiante en Galiza "ten que producirse un grande consenso político".

Ademais, considerou que unha hipotética oposición das deputacións a súa implementación "non debería resultar un obstáculo", xa que non existe un conflito de competencias porque as que levan a cabo os entes provinciais "son funcionais e non formais".

O resto de autores son Miguel Caínzos, profesor de Socioloxía da USC e responsábel da Unidade de Investigacións da EGAP, Albino Prada, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e os integrantes da Unidade de Investigación da EGAP: Pilar Luaces, Carmen Voces, Martiño Rubal, Paula Rama e Ana Fontenla.


5/5 (2 votos)

Comentarios (10)

Tarelo #1 25/Xaneiro/2008 Tarelo

Quero, unha vez máis, dende eiquí, dar un gran aplauso os partidos e políticos, autodenominados democráticos e tamén aplaudir que no estudo Delimitación da Área Metropolitana Funcional de Vigo, editado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), "sempre saen Vigo e Pontevedra dentro" pero nunca, nunca, nunca, nunca ata o de agora, saen os/as seus/suas cidadáns e cidadás nin dos outros 17 municipios: Baiona, Bueu, Cangas, Gondomar, Marín, Moaña, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Redondela, Soutomaior, Tui e Vilaboa.

Que pintamos en todo esto os cidadáns? Nada meros expectadores. Cales son os obxetivos da creción da Area metropilitana? polo que parece de ninguna maneira o interese popular, público e commún, polo que parece a creación das areas metropòlitanas só obedece ó capricho dos políticos agizados por multinacionais de servizos que esperan facerse con algún suculento contrato dalgún dos supostas xestións máis eficaces dos ervizos públicos, auga, trasporte, lixo. Non somos tontos!

O Sr. méndez Romeu pode crer pensar o qeu queira o que non é sinómimo "consorcio" de "o xeito máis axeitado para a xestión de servizos públicos". Poñamos por exemplo e sen ir moi lonxe a Mancomunidade do Morrazo, poñamos por exemplo a Xestión Mancomunada do Servizo de Recollida do Lixo.

Na miña opinión todo consorcio, no que as decisións que se tomen, tomen parte os partidos ou os políticos están condenadas ó fracaso. Un consorcio só funcionará ou será funcional se son os pobos os que se autoxestionan, o demáis e enchelos petos das multinacionais constructoras e prestadoras de servizos, que non son eficaces, nin baratas, nin benefician en nada os usuarios dos servizos, nin sequera os seus traballadores, que buscan o máximo beneficio a conta de incumprir contratos, convenios, e precarizar os servizos.

Tarelo #2 25/Xaneiro/2008 Tarelo

Polo que se ve a Área metropolitana é un tema que non compete os cidadáns desa area metropolitana, só as élites dos partidos políticos. A Área Metropolitana non responde e vai responder as demandas ciddadáns. Os cidadáns non demandan areas metropolitanas. Os cidadásn non estamos pedindo areas metropolitanas, Non estamos pedindo que se centralice o goberno nun determinado concello, que se prioricen os intereses de crecemento dun determinado Concello ou area xeográfica, que nos governe un alcalde metropolitano, que se cree un novo funcionariado metropolitano, obras e servizos públicas metropolitanas. Que pretenden os políticos? Un Chupe! A área metropolitana tal e como se está plantexando só obedece a intereses particulares dos poderes político e económico. Os cidadáns sobramos, e sobramos por que queremos. Seguro que toman esta medida para axudar a fixar poboación no rural. Os cidadáns non sabemos o que queremos. Os políticos e grandes empresas, si: ¡Enchelos petos! Viva todo para o pobo, sen contar con pobo!.

Gaviotero #3 25/Xaneiro/2008 Gaviotero

Lo que realmente se ve es que el bipartito vigués no pinta una mierda en Santiago y que Abel Caballero y Santiago Domínguez son títeres que en su día pusieron sus partidos y que no pintan nada.

teixugo #4 25/Xaneiro/2008 teixugo

MOINANTE!!!

Albert #5 25/Xaneiro/2008 Albert

Incrible que a un dos concellos que impulsou esta área (Salceda de Caselas) agora a boten fóra.

lunet #6 25/Xaneiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

luvas #7 26/Xaneiro/2008 luvas

As áreas metropolitanas tenhen que xurdir ao redor dunha metrópole, neste caso Vigo. E Vigo ten que ser a que decida a conformación da súa área do mesmo xeito que decide sobre o seu PXOU.
Penso que na provincia de Pontevedra hai espazo para dúas áreas metropolitanas ben delimitadas. Unha no sur (Vigo) e outra no norte (Pontevedra-Vilagarcía).
Máis adiante, se é beneficioso para as dúas, xa buscarán a maneira de se xuntar.
Dixen.

Lidor #8 26/Xaneiro/2008 Lidor

Gaviotero é riquiño.

mceleiro #9 26/Xaneiro/2008 mceleiro

As áreas metropolitanas essas, não são tais, porque não estão pensadas com critérios urbanísticos e de planeamento territorial, senão como "entidades políticas" com uma pseudo-legalidade detrás para abrir novos caminhos á especulação, uma vez esgotado o âmbito municipal.

A área metropolitana, urbanísticamente é uma realidade, e são bem mais importantes para articular esta área Redondela, Cangas ou Porrinho do que o é Pontevedra, porque Pontevedra tem uma estrutura urbana que não têm o os exemplos anteriores, totalmente caóticos, com infra-estruturas mal pensadas e graves problemas presentes e futuros.

Incorporar a Pontevedra ou não é relativo, depende da filosofia do próprio conceito de Area Metropolitana. Realmente a área metropolitana pode considerar-se o Eixo Atlántico, uma conurbação que vá desde Porto até Ferrol, com centralidades, duas muito marcadas: Porto ao Sul e Ferrol-A Corunha ao norte, e três intermédias (Compostela, Vigo-Pontevedra e Braga).

A área metropolitana de Vigo require uma grande reflexão, por ser especialmente caótica e sobre a que há que tomar medidas radicais. O caos do grande centro industrial que é Porrinho é a clave.

Mas semenha que os politiquinhos vão pelos orçamentos para a sua cidade e não têm a mais mínima ideia da globalidade.

As cousas estão a fazer-se mal. Antes de criar as áreas metropolitanas havia que definir muito bem o Planeamento Territorial da Galiza, e despois criar a figura das Áreas Metropolitanas como soluções específicas dentro desse planeamento global.

É como se um Concelho cria Planos Parciais sem ter antes o PGOM. Ou seja, o não urbanismo, ou urbanismo especulativo.

Mas estamos fodidos com estes desgovernantes que temos, porque para fazer o necessário Planeamento Territorial da Galiza, há que ter ideia de país, algo que dia a dia demostão que nenhum tem.

Como é possível projectar um dous portos exteriores (Ferrol e Corunha) que interfirem entre eles?, como são esses accessos por terra não planificados territorialmente (caminhos de ferro?) ou um modelo de autoestradas radiais que sai de Compostela ao mais puro estilo "Puerta del Sol"?

A área Metropolitana de Vigo, para començar, deveria de paralisar e repensar essa amalgama de infra-estructuras incorrectamente projectadas que vão destroçar a área de Redondela.

mceleiro #10 26/Xaneiro/2008 mceleiro

Outra cousinha,

NO INFORME ESSE, NÃO ATOPA NINGUÉM UMA FIGURA AUSENTE? PARA QUE SERVEM OS ARQUITECTOS URBANISTAS?

Seguro que um professor de economia entende mais....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: