Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A través dun comunicado

Marcos Serrano anuncia a súa retirada do ciclismo profesional

O galego deixa a súa carreira, após a rescisión do contrato que o vinculaba ao KGZ, o mes pasado. Atrás quedan 15 tempadas sobre a bici.

Redacción - 13:40 08/02/2008
Co traxe do Karpin Galicia

Co traxe do Karpin Galicia

Quince tempadas como ciclista profesional, sumadas ás que botou sobre a bici de amador. Marcos Serrano (Chapela, 1972), definido moitas veces como un dos deportistas galegos máis destacado das últimas dúas décadas, decidiu esta quinta feira poñer fin á súa carreira no ciclismo profesional.

O galego que máis tempo estivo no pelotón profesional
Nesas 15 tempadas de Serrano no profesionalismo destacan a súas vitorias na Volta a Galiza (1999), Volta a Castela-León (2001), Volta a Los Puertos (98), Milán-Turín (2004) e, sobre todo, a vitoria na décimo oitava etapa do Tour de Francia de 2005 que rematou en Mendé.

Serrano tamén participou en sete Tours de Francia e foi noveno na xeral final na edición de 2001 da ronda gala.

A marcha do KGZ
A rescisión do seu contrato co equipo ciclista profesional galego foi o detonante desta decisión de Serrano.

Naquel momento, o equipo e mailo ciclista decidiran terminar co seu acordo, posto que Marcos Serrano, que tiña chegado ao KGZ en 2007 para lideralo no pelotón profesional, case non puidera participar en ningunha carreira das que tiña no seu calendario. A cousa: os vetos dos propios organizadores, que, após saír o nome do galego nos sumarios da Operación Puerto, a meirande feita no Estado Español contra a dopaxe no ciclismo, decidiron prescindir do ciclista.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: