Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ruta do lume olímpico segue entre protestas

O primeiro ministro checo tampouco vai ir á inauguración dos Xogos

O conservador Mirek Topolánek súmase ao boicot de outros dirixentes o día que o facho olímpico chega a Paquistán.

Redacción - 18:00 16/04/2008
O primeiro ministro checo, Mirek Topolánek

O primeiro ministro checo, Mirek Topolánek

O primeiro ministro checo, o conservador Mirek Topolánek, súmase ao conxunto de autoridades mundiais que aseguran non van asistir á cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Beixín: o secretario xeral da ONU, o sur coreano Ban Ki-moon; a chanceler alemá, Angela Merkel; o primeiro ministro británico, Gordon Brown; o primeiro ministro polaco, Jaroslaw KaczyƄski; e o presidente checo, Vaclav Klaus.

O facho olímpico chega esta cuarta feira a Islamabad, ante o temor das autoridades temen de que Al Qaeda ou as milicias islamitas poidan ter artellado algún atentado. A quinta o facho chegará a Nova Deli, onde os exiliados tibetanos teñen organizada unha gran protesta.

En Nova Deli...
Calcúlase que hai á volta de 130 mil refuxiados tibetanos vivindo na India dende que a revolta de 1959 forzou o exilio do Dalai Lama. De feito, o goberno tibetano no exilio ten a súa sede na cidade de Dharmsala, ao pé do Himalaia.

Nesta semana as autoridades indias xa detiveron sete manifestantes contra o paso do facho e pola independencia do Tíbet en Nova Deli, e temen que mañá se poida repetir o caos de Londres ou París.


1/5 (1 votos)

Comentarios (4)

ecoe #1 16/Abril/2008 ecoe

Ninguén se pode explicar cómo, habendo TANTOS LOITADORES POLOS DD.HH., éstes brilan pola sua AUSENCIA EN TODO O MUNDO MUNDIAL.

Semellaría que de un intre a outro a sua reivindicación quedaría obsoleta, pois as máis ALTAS e PRECLARAS INSTANCIAS dos países do CAPITALISMO IMPERIALISTA occidentais, desde os GOBERNOS USA, a mesmísima COMPAÑÍA DE INTELIXENCIA AMERICANA -CIA-, ben directamente, ben vía REPORTEIROS SINVERGÜENZAS -RSF- co loitador (polos cartos da USAID) a ceu aberto sr. Menard á cabeza, agora completados polos CAMPIÓNS DA LIBERTADE ancorados en Chequia, co camarada Vaclav Klaus na testa.

Se ben Fukuyama trabucóuse no socialeconómico e mentíu descaradamente no seu segundo de éxito sobre a ESTABILIDADE, incorruptibilidade e FUTURO do CAPITALISMO VÍA IMPERIALISMO, non así se trabucaron na rama ideolóxica, pois ahí están coma FACHOS eses adalides da libertade no mundo. Para eles non hai Guantánamos coloniais que se lles resistan, e ahí andan defendendo o IMPERIO GRANDE.

E qué grande pena han ter ó escapárselles tamén do seu CERCADO CAMPO DA LIBERTADE -DE EMPRESA, exclusivamente, claro- o NEPAL!!! Alí onde o seu rei progresista reinaba sobre 7 dragóns. Boa mágoa han sentir, qué fiasco para a HUMANIDADE EFECTIVAMENTE IMPORTANTE.

ecoe #2 16/Abril/2008 ecoe

Camarada Havel, amigo correlixionario do camarada Isidoro (con cuña no goberno), qaquel Mr. X presidente dos GAL, que todos lembramos e coñecemos. Disimulen (nin culpen, nin perdoen) o lapsus.

GalizaEmGalego #3 16/Abril/2008 GalizaEmGalego

menudos hipocritas,pero seguro que a Israel nom lhe boicotean nada,nem a Marrocos,ou a Espanha...enfin,HIPÓCRITAS!

Sabrexo #4 16/Abril/2008 Sabrexo

Ao final é a CNN a que decide a quen se boicotea e a quen non.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: