Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Galiza podería estar o ano que vén en Lisboa

Os Jogos da Lusofonia cada vez máis perto

Hai posibilidades de que o noso país participe na súa segunda edición, pero queda por ver en que categoría. Todo isto se o Comité Olímpico Español dá o seu visto e prace.

Redacción - 10:12 09/05/2008

Xa informabamos esta semana de que Galiza podería participar o ano que vén nos II Jogos da Lusofonia, que se han desenvolver en Lisboa e nos que participan as seleccións dos países lusófonos en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa, voleibol e volei praia.

A pasada cuarta feira de mañá a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, reuniuse en Lisboa cos principais responsábeis do deporte portugués (entre eles o presidente do Comité Olímpico Portugués, José Vicente Moura) para tratar o tema, e ao terminar a xuntanza, segundo informacións de Deporte, o clima era bo e as posibilidades de acudir aos Jogos, abondas.

Unha vez chegue o permiso do COE...
Mais agora só queda conseguir o permiso do Comité Olímpico Español (COE), que precisa Galiza, mais as negociacións están avanzadas.

O único que aínda está por pechar son as condicións nas que participaríamos nos Jogos da Lusofonia, e hai dúas posibilidades: que Galiza vaia como país convidado en tres ou catro disciplinas deportivas ou que sexa un país máis dos que participan nestes Jogos (xunto con Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Guiné Ecuatorial, a India, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Sri Lanka e Timor Leste).


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Comentarios (7)

piorno #1 hai 4 dias piorno

E porque tem que dar a sua licença o Comité Olímpico espanhol? Há que pedir por favor e de joelhos que nos deixem participar nos jogos que queiramos?

Comité Olímpico da Galiza já!

Galezio #2 hai 4 dias Galezio

Parabéns a Vieiros, por fim perto é perto (de proximidade)!! E não "preto" que seria como dizer: "Os jogos da lusofonia estão preto" que seria tanto como dizer: "os jogos da lusofonia estão negros". Dam-se conta do que é o castrapo "reclacitrante"? Uma verdadeira animalada. Tomem nota os de "GZ-nacion"...Bom, aos dA Nosa Terra não lhes digo nada, eles já sabemos por onde foram
sempre e agora passados ao "negócio", poia isso!!
http://lacomunidad.elpais.com/...

OBSERVADOR #3 hai 4 dias OBSERVADOR

Ah, pois é certo!

Estão mais PERTO!

Atenção!!! Estão-se a ouvir LUSOFONIAS!!! ni-nô-ni-nô-ni-nô...

Lidor #4 hai 4 dias Lidor

Preto, con E aberto, e perto, son a mesma palabra. A ver se agora imos ter que escribir todo como se diga en Lisboa.

E si, queremos participar neses xogos, algún día, cun Comité Olímpico Galego. Non queremos reintegrarnos no Comité Olímpico Portugués.

-Xavier #5 hai 4 dias -Xavier

Lidor #4,

"perto" é palavra que se diz em Lisboa, mas também no Porto, na Corunha, em Braga, em Vimianço, em Coimbra, em Verim, em Vigo, em Guimarães, no Rio de Janeiro, em toda a Lusofonia. Que exista a variante "preto" (com o significado de "perto") não invalida a forma COMUM "perto".

Aliás, ninguém em toda a Lusofonia ESCREVE como se DIZ em Lisboa. Lisboa DIZ de uma maneira e ESCREVE "doutra". Reparaste já em que a forma de escrita do Português não é precisamente "lisboeta"?

Parabéns a VIEIROS!

galegodosul #6 hai 3 dias galegodosul

É inacreditável que no século XXI os galegos tenham de pedir (por favooooor!)ao Comité Olímpico Espanhol permissão para poderem participar nos Jogos da Lusofonia.
Quem decide o que deve fazer a Galiza são os galegos, não os castelhanos!

fandinho #7 hai 3 dias fandinho

Ao meu entender dase a contradición de que haxa que pedir permiso ao Comité Olimpico Español para intervir nuns xogos que non están organizados por este comité.En todo caso haberá que pedir autorización a comité organizador.
A este paso o dia menos pensado din que hai que pedir permiso para organizar un campeonato de billarda ou de birisca.
As autoridades galegas deberían tomar cartas no asunto. Non é de recibo o intervencionismo do COE mais alá das suas fronteiras e en competicions que non están baixo á sua xurisdición. Se Galiza non intervén nos xogos en representación do estado español, como debería ser, non tén porque dar contas ao COE.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O volei praia, o atletismo e o tenis de mesa son algúns dos deportes que se practican nos Jogos da Lusofonia / Imaxes da I Edición
O volei praia, o atletismo e o tenis de mesa son algúns dos deportes que se practican nos Jogos da Lusofonia / Imaxes da I Edición
A delegación de Timor Leste, na cerimonia de apertura dos Jogos en Macao
A delegación de Timor Leste, na cerimonia de apertura dos Jogos en Macao