Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A semana que vén

A asociación pola Defensa da Ría vai recorrer a autorización que lle deu a Xunta a Ence

Ademais, van celebrar unha nova marcha contra as celulosas, programada para o vindeiro 14 de xuño.

Redacción - 10:05 10/05/2008
A factoría de Ence, na Ría de Pontevedra

A factoría de Ence, na Ría de Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra anunciou que vai presentar a vindeira semana un recurso contra a decisión da Consellaría de Medio Ambiente de conceder a Autorización Ambiental Integrada (AAI) ás empresas Ence e Elnosa. Este recurso vai servir para reclamar a anulación desta nova licenza, argumentando que existen precedentes noutras zonas do Estado Español.

O colectivo ecoloxista vai desenvolver tamén, unha nova Marcha contra as Celulosas, que ha saír das alamedas de Pontevedra e Marín o vindeiro 14 de xuño ás 20.30 horas.

Hai unha "clara submisión da Consellaría de Medio Ambiente aos intereses de Ence"
O presidente de la APDR, Antón Masa, referiuse, na conferencia de prensa desenvolvida a pasada sexta feira eira de tarde, ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ao PPdeG e ao sindicato CC.OO. criticando os seus argumentos a favor da concesión desta nova licenza, asegurando que os incumprimentos por parte de Ence "son moitos".

Neste sentido, tamén o vicepresidente do colectivo, Benito Andrade, criticou que a lei que regula a concesión desta autorización ambiental fica "baleira de contido" e que a fase de exposición pública e presentación de alegacións é un "paripé". Andrade tamén cualificou de "decisión política" a medida anunciada polo Goberno esta semana, e afirmou que "xa estaba tomada antes" de que se completase o procedemento, ao tempo que denunciaba a existencia de "irregularidades" en todo os pasos dados. De entre estas irregularidades destacou o tempo que durou a tramitación, que chegou aos dous anos, moi por riba dos dez meses estabelecidos para resolver a concesión ou denegación da AAI, dende o día que o solicitou a factoría.

O vicepresidente da APDR tamén denunciou a "clara submisión" da Consellaría de Medio Ambiente "aos intereses da empresa", ao tempo que enmarcaba a redución a tres anos da AAI nunha acción "electoral, para xustificar o compromiso dado aos cidadáns e o acordo de goberno".

Así mantense a situación de degradación da Ría de Pontevedra

Presidente e vicepresidente da APDR coincidiron en sinalar que a concesión da nova licenza ha contribuír a consolidar o complexo industrial de Ence-Elnosa na Ría de Pontevedra, mantendo a súa degradación. Segundo cálculos da asociación, cada día vértense 40 mil metros cúbicos de auga contaminada na zona, composta, entre outras cousas, por mercurio (existen 50 mil quilos deste metal nas cubetas de electrólise da factoría química) e cloro.


5/5 (2 votos)

Comentarios (2)

lute #1 10/Maio/2008 lute

Grazas por ter-nos informados da situaçóm denigrante da gestóm ambiental de ENCE-ELNOSA.

Aproveito para pedir-vos a Vieiros e á APDR que nos dedes máis informaçóm polo miúdo dos incumprimentos e argumentos que se utilizam para justificar o mantemento da autorizaçóm ambiental integrada a éstes interesses espúrios.

Que circule a informaçóm e o boca a boca para reunir a gente bem informada e concienciada e em quantidade para a Marcha contra Celulosas do 14 de junho.

Grazas por adiantado.

ecoe #2 hai 6 dias ecoe

As Marchas CONTRA celulosas non son novas, senón habituais nos xuños de cada ano, coincidindo na proximidade cas datas do Día Mundial do Ambente.

A absoluta connivencia entre as "empresas" e os aparellos de goberno non son novas, e unha vez máis,son incapaces do o agachar, agora a Consellería do ramo. O Patxi (alguén dixo por eiquí que é militar?, xa sería carambola!) cumpre co papel pautado polo que ten que transcurrir o seu "quefacer" institucional.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: